Aragón

Lingüistas europeos instan o Goberno de Aragón a aplicar a Lei de linguas

A Asemblea Internacional de Linguas e Culturas Ameazadas (AILCM nas súas siglas en francés) esixiulle ao Goberno de Aragón, que preside Marcelino Iglesias, que desenvolva a Lei de linguas minoritarias en toda a súa profundidade e que respecte os prazos de creación de organismos que prevé.

Fonte: Europa Press

Aragón

A Deputación Xeral de Aragón reestrutura o Departamento de Educación para aplicar a Lei de linguas

O Goberno fixo xa efectiva a nova estrutura do Departamento de Educación para dar cabida á Oficina das Linguas propias de Aragón. Encargarase da coordinación de todas as políticas que teñan que ver coa aplicación desta norma aprobada hai uns meses nas Cortes de Aragón.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Catorce colexios de Aragón súmanse a dar clases dun segundo idioma en primaria

Catorce colexios de todo Aragón sumaranse en setembro ao programa de ensino de idiomas que permite que os nenos aprendan unha segunda lingua desde quinto de primaria, no canto de esperar a secundaria.

Fonte: Heraldo

Aragón

Aragón contará cun centenar de auxiliares de lingua estranxeira

Aragón contará este curso con case cen auxiliares de conversación en lingua estranxeira, aos que destinará 431.000 euros. Un total de 141 centros educativos acollerá a nativos encargados de fomentar a destreza comunicativa entre os alumnos aragoneses en inglés, francés, alemán e italiano, así como o coñecemento da lingua e a súa cultura.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Case 5.000 alumnos aragoneses estudan catalán na comunidade

Arredor de 5.000 escolares aragoneses estudan catalán este curso, o que supón un incremento de aproximadamente 100 alumnos respecto aos que cursaron o idioma, xa sexa como área ou materia do currículo, o pasado exercicio.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Un total de 25.000 alumnos recibe formación en lingua estranxeira nos 82 centros bilingües de Aragón

Un total de 25.000 alumnos de infantil, primaria e secundaria recibe formación en linguas estranxeiras nos 82 centros bilingües que, este curso, existen en Aragón.

Fonte: 20 minutos

Aragón

Unhas dez mil persoas falan aragonés na comunidade

Na actualidade son arredor de dez mil as persoas que falan o aragonés, sen contar un número indeterminado de aragoneses que, nos últimos anos, o aprenderon nun intento por impulsar unha lingua que corre o risco de desaparecer.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

O Consello Superior de Linguas de Aragón xa ten os seus membros

O Boletín Oficial de Aragón publicou a listaxe dos quince membros que conformarán o Consello Superior de Linguas de Aragón. Estas persoas, elixidas polo Goberno autonómico, as Cortes e a Universidade de Zaragoza, deben ser seleccionadas entre filólogos, xuristas e destacadas personalidades da investigación lingüística.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Máis de 100 profesores aragoneses perfeccionarán idiomas no estranxeiro

Un total de 120 docentes aragoneses participará este curso nos cursos que compoñen o Programa de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PALE) organizado polo Departamento de Educación e destinados a perfeccionar o inglés ou francés durante quince días nos respectivos países.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Academia do Aragonés elabora unha proposta ortográfica para todas as variedades da lingua

A Academia do Aragonés elaborou unha proposta ortográfica da lingua aragonesa, froito dun traballo de tres anos e do consenso dos participantes na súa elaboración.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder