Aragón
Aragón reduce a «lingua histórica» a condición do catalán da Franxa
A pesar de ser recoñecidas como «linguas propias e históricas» da comunidade, o catalán e o aragonés non serán cooficiais nin será obrigatoria a súa aprendizaxe na escola. Que as linguas minoritarias de Aragón se regulasen administrativamente era unha das aspiracións do presidente de Aragón, o socialista Marcelino Iglesias, quen, ademais, é falante de catalán.
Fonte: El Periódico
Case 9000 alumnos terán ensino bilingüe en setembro en Aragón
Cerca de 9.000 alumnos de infantil e primaria estudarán o vindeiro curso en dous idiomas, uns 1.500 máis dos que o fixeron o pasado. O Departamento de Educación ampliará en setembro o ensino bilingüe a dez escolas, coas que en total xa serán 48 as que impartan materias en inglés, francés ou alemán.
Fonte: Heraldo de Aragón
O Goberno de Aragón e as Escolas Pías colaboran para fomentar as linguas estranxeiras
A conselleira de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, María Victoria Broto, e o provincial da Institución Escolas Pías, Javier Negro, asinaron un protocolo de colaboración en materia de educación para desenvolver o estudo de linguas estranxeiras en Aragón.
Fonte: Europa Press
A web do Goberno de Aragón incorpora información sobre o teléfono de emerxencias 112 SOS en lingua de signos española
A información sobre o teléfono de emerxencias 112 SOS Aragón xa é accesible en lingua de signos española (LSE) na páxina web do Goberno de Aragón.
Fonte: Qué
Catorce comités do Partido Aragonés únense para rexeitar a "imposición" do catalán
Un total de catorce comités do Partido Aragonés (PAR) da zona oriental uníronse para rexeitar o proxecto de Lei de linguas do PSOE porque "trata de impoñer o catalán", segundo indican nun comunicado.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Chunta Aragonesista acusa o Goberno de Aragón do descoido sistemático do patrimonio lingüístico
O secretario de Política Cultural e Identidade Nacional de la Chunta Aragonesista, Miguel Martínez Tomey, acusou o Goberno aragonés de manter un "descoido sistemático" do patrimonio lingüístico e de non ser capaz de "protexer, promover e difundir as linguas de Aragón".
Fonte: ADN
O Partido Aragonés esixe eliminar o catalán da Lei de linguas un día antes de votalo nas Cortes
A bases do Partido Aragonés (PAR) esíxenlles aos seus portavoces nas Cortes que se pronuncien claramente en defensa do aragonés da zona oriental e que rexeiten totalmente a inclusión do catalán. De non ser así, consideran que se estarán traizoando as ideas do PAR e de Aragón e que os seus votantes non o perdoarán.
Fonte: El Libre Pensador
As Cortes de Aragón regularán por lei as linguas minoritarias
O Pleno das Cortes de Aragón aprobou a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista relativa á protección das linguas minoritarias da comunidade autónoma: o aragonés e o catalán.
Fonte: Europa Press
O Consello d’a Fabla recupera os cursos de lingua aragonesa
Tras un parón de dous anos, o Consello d’a Fabla Aragonesa recupera os cursos de lingua aragonesa, que se iniciarán a mediados de outubro e terminarán a finais de abril.
Fonte: Radio Huesca
Partidarios do catalán na Franxa de Aragón lembran a cooficialidade das linguas minoritarias
Un colectivo de cidadáns partidarios do uso e a conservación da lingua catalá na Franxa de Aragón, encabezados polo filólogo Artur Quintana, afirman, nun manifesto, que a Constitución española de 1978 protexe a cooficialidade das linguas minoritarias no territorio de uso habitual, é dicir, que autoriza a facer cooficiais todas.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín