Aragón
Zaragoza acolle unha exposición en homenaxe á lingua aragonesa
A cidade de Zaragoza acolle a exposición "Aragonés Ilustrado" coa que a ilustradora Delia Tello busca homenaxear a lingua aragonesa e os idiomas en xeral como forma de comunicación e sinal de identidade.
Fonte: AraInfo
O Campus de Huesca edita dúas obras sobre a normalización das linguas minoritarias en Aragón
Ambas as obras, Lenguas minoritarias y estandarización e Lengua minorizada y enseñanza: el caso del aragonés, foron as encargadas de abrir a Feira do Libro da cidade de Huesca.
Fonte: Aragón Digital
Convócase o V Concurso de Haikus en aragonés

Co obxectivo de fomentar o uso do aragonés e a creación literaria nesta lingua nas redes sociais Facebook e Twitter, convócase a quinta edición do certame de escritura de haikus no que se poderá participar ata o 15 de xuño.
Fonte: AraInfo
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Aragón pon en marcha un portal web con recursos en liña sobre a lingua aragonesa

A iniciativa AragON, como parte do programa europeo Poctefa Linguatec e do programa Agora por l’aragonés, puxo en marcha un portal web que pon a disposición de interesados e interesadas ferramentas e recursos en liña sobre a lingua aragonesa. Aquí pódese atopar dende un dicionario até un tradutor en liña, así como información sobre probas de nivel e recursos educativos para docentes e alumnado.
Fonte: Aragón hoy
Aragón TV estrea o programa Charrín Charrán, o primeiro en lingua aragonesa co que conta esta canle

Aragón TV estrea Charrín Charrán, o seu primeiro programa en aragonés, que ofrecerá reportaxes e entrevistas sobre diferentes temas sociais e culturais da comunidade. Ademais, o programa disporá da opción de podelo seguir en castelán, a través dos subtítulos para persoas xordas.
Fonte: AraInfo
Un total de 161 persoas logran por primeira vez unha titulación oficial en lingua aragonesa
Das case 500 persoas que se presentaron ás probas de lingua aragonesa, correspondentes aos niveis B2, B1 e A2, un total de 161 obtiveron por primeira vez unha titulación oficial.
Fonte: Heraldo
O Goberno de Aragón crea un dicionario en liña castelán-aragonés

Turismo de Aragón, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, impulsou, no marco do proxecto Linguatec, Aragonario, un dicionario en liña castelán-aragonés. Trátase dunha ferramenta sinxela que, ademais de traducir palabras dunha lingua a outra, ofrece información gramatical complementaria, así como enlaces de interese sobre as linguas desta comunidade.
Fonte: AraInfo
O Bispado de Lleida defende o uso do catalán no xuízo que reclama a devolución dos bens histórico-artísticos en Aragón
O Bispado de Lleida envioulle un escrito de alegacións ao Xulgado de Primeira Instancia de Barbastro no que defende o uso do catalán no xuízo de bens histórico-artísticos de parroquias aragonesas por considerar que é unha lingua oficial en Aragón.
Fonte: La Vanguardia
A sinatura dun novo convenio servirá para fomentar o aragonés na comarca do Alto Gállego
A Asociación Calibo e a comarca do Alto Gállego renovaron o seu convenio de colaboración para promover o coñecemento do aragonés, un acordo en virtude do cal a devandita asociación recibirá 1500 euros para continuar co seu programa para o ensino desta lingua entre persoas adultas.
Fonte: Heraldo
O Goberno de Aragón pon en marcha unha web para aprender aragonés

A web lenguasdearagon.org, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística no marco do programa "Viene-Ven", pon a disposición das persoas interesadas recursos didácticos para aprender aragonés de xeito libre e gratuíto.
Fonte: Aragón Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín