Aragón

O Goberno aragonés traduce a nove linguas a información sobre o estado de alarma

A información referida ao Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma e as súas implicacións na mobilidade das persoas, o peche de establecementos ou as sancións polo seu incumprimento estará dispoñible en nove linguas: árabe, búlgaro, chinés, español, francés, inglés, romanés, ucraíno e urdú. O obxectivo desta iniciativa, impulsada polo Goberno de Aragón, é facilitarlle á poboación migrante información actualizada sobre o coronavirus e as medidas que lle afectan á cidadanía.

Fonte: La Vanguardia

Aragón

Publícanse as bases reguladoras dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán de Aragón

O Boletín Oficial de Aragón publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán.

Fonte: Iustel

Aragón

Preséntase TraduZe, un programa de tradución automática do aragonés

O Goberno de Aragón acaba de presentar as versións en probas de TraduZe, un tradutor automático do aragonés. Así mesmo, desenvolveuse un prototipo da síntese vocal para esta lingua que, entre outros usos, poderá servir para a lectura automática de información turística.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Presentan no Senado unha iniciativa en defensa das linguas minoritarias de Aragón

A Chunta Aragonesista trasladou unha iniciativa ao Senado, a través dun senador de Compromís, que ten como obxectivo lograr o recoñecemento profesional do persoal docente que imparta aragonés ou catalán no ensino obrigatorio en Aragón.

Fonte: AraInfo

Aragón

A nova versión do Aragonario, o dicionario en liña da lingua aragonesa, supera as 23 000 entradas

A terceira versión do Aragonario, un proxecto impulsado polo Goberno da comunidade, chegou ás 23 212 entradas en castelán coa súa correspondencia en aragonés, ademais das súas respectivas variedades comarcais, coa incorporación de 5404 novas entradas.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

A Deputación de Huesca recolle unha publicación en aragonés no seu boletín oficial

A Deputación de Huesca publicou en aragonés no seu boletín oficial o regulamento dos premios do festival internacional de documental etnográfico do Sobrarbe, Espiello. 

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A web Linguas de Aragón, lanzada en 2017, superou xa o millón de visitas 

A web, con 300 visitas diarias, supera xa o millón. Está dedicada á difusión do aragonés e do catalán de Aragón e dispón de contidos sobre tradición oral, historia, normativa, subvencións e programas culturais, entre outros.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

Os graos de Educación Infantil e de Primaria na Universidade de Zaragoza ofrecerán a especialización para impartir lingua aragonesa

O Consello de Goberno aprobou a especialización en lingua aragonesa nos graos de Educación Infantil e de Primaria da Universidade de Zaragoza a partir do vindeiro curso 2020/2021.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Universidade de Zaragoza liderará o proxecto NexusLinguarum para reducir as barreiras lingüísticas en Europa

O proxecto internacional NexusLinguarum axudará a reducir as barreiras lingüísticas en Europa e favorecerá o comercio electrónico e o intercambio cultural entre países de distinto idioma. Así mesmo, servirá de apoio ás linguas minoritarias cuxo soporte tecnolóxico sexa limitado.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

O Goberno de Aragón traballará na consolidación do ensino das linguas minoritarias

Así o declarou o director xeral de Política Lingüística, quen argumentou que todos os centros educativos recibirán novos materiais didácticos con este propósito, dentro dos programas educativos Aragón Natural e Aragón 3L. Ademais, tamén destacou que se impulsará a Academia Aragonesa da Lingua.

Fonte: La Vanguardia

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder