Aragón

O Goberno de Aragón publica un manual de boas prácticas sobre as linguas da comunidade

Este manual de boas prácticas sobre as linguas propias de Aragón  reflexiona sobre o desenvolvemento do aragonés e o catalán e proporciona suxestións para un mellor cumprimento da normativa existente a este respecto.  

Fonte: Aragón Noticias

Aragón

Jaca acolle a sinatura dun convenio de colaboración para promover ferramentas tecnolóxicas para o éuscaro, o aragonés e o occitano

As universidades de Zaragoza, Pau, País Vasco e Pública de Navarra, e a fundación Elhuyar asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar as ferramentas e as aplicacións tecnolóxicas desenvolvidas ao abeiro do proxecto Linguatec para o aragonés, o éuscaro e o occitano.  

Fonte: Universidad del País Vasco

Aragón

Convócase a quinta edición do Premio Espiello Agora x l’aragonés que busca o mellor audiovisual en lingua aragonesa

O Goberno de Aragón e a Comarca de Sobrarbe convocan un ano máis o Premio Espiello Agora x l’aragonés que conta con dúas categorías, unha xeral e outra escolar, que recoñecen os mellores audiovisuais en aragonés do 2021.  

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Publican un libro cos primeiros versos escritos en lingua aragonesa

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Aragón publicou Trovando en aragonés en la corte de los Reyes de Aragón, un manuscrito cos primeiros versos coñecidos en aragonés.

Fuente: El Periódico de Aragón

 

Aragón

Unha nova web recollerá máis de 3000 libros e documentos nas linguas de Aragón

O Goberno de Aragón presentou a Biblioteca Virtual do Aragonés (BIVIRA), que recompila máis de 3000 libros e documentos en aragonés e en catalán. O obxectivo desta iniciativa é concentrar nun único punto unha parte moi importante da cultura da comunidade expresada nestas linguas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Concello de Huesca convoca o sexto Premio Pedro Lafuente en aragonés

O Premio Pedro Lafuente en aragonés conta con catro categorías: narración curta, para textos cunha extensión de entre 15 e 20 páxinas; poesía, para poemas de entre 100 e 300 versos; zagals, para obras escritas por nenos de entre 3 e 12 anos; e empresa, para negocios que destacan pola súa difusión e defensa da lingua aragonesa.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

A Comarca do Alto Gállego edita un vídeo para fomentar o uso do aragonés

Baixo o título Alzemos l'aragonés, o vídeo editado pola área de Política Lingüística da Comarca do Alto Gállego amosa o estado do aragonés na zona e o seu nivel de uso, así como a importancia de conservar esta lingua.

Fonte: Heraldo

Aragón

A Comunidade de Traballo dos Pireneos introduce progresivamente o aragonés no seo da organización

Coa colaboración do Goberno de Aragón, a Comunidade de Traballo dos Pireneos traducirá a súa web ao aragonés, unha lingua que irá introducindo de xeito progresivo no funcionamento da organización.

Fonte: AraInfo

Aragón

Publícase a quinta versión do dicionario en liña “Aragonario”

A Dirección Xeral de Política Lingüística e Turismo do Goberno de Aragón presenta a actual proposta do dicionario, que conta cun novo deseño da interface, a reprodución vocal de cada termo e a incorporación de 1291 entradas máis na dirección aragonés-castelán.

Fonte: Heraldo

Aragón

Editan un mapa toponímico de Nonaspe para conservar o seu patrimonio lingüístico

Esta iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e da Associació Amics de Nonasp, en colaboración co Concello de Nonaspe, ten o obxectivo de protexer e transmitir o patrimonio lingüístico e cultural da zona e difundir os nomes cos que se coñecían os diferentes lugares tradicionalmente.

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder