Aragón
O Concello de La Almunia presenta un libro que busca recuperar e protexer o aragonés que se falaba tradicionalmente
Repués: Asinas se charraba en L´Almunia de Doña Godina é unha colección de máis de 2500 palabras e expresións propias da zona de La Almunia, da autoría de Gonzalo Orna Soria. O traballo de recompilación do autor comezou hai 40 anos, cando se comprometeu coa aprendizaxe da lingua aragonesa nun momento en que contaba con escaso recoñecemento social.
Estréase a serie documental “Visiones” sobre a historia das linguas propias de Aragón

A serie documental pertence ao proxecto “Vozes en o zierzo/veus en el cerç/voces en el cierzo”, promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón, e consta de 14 episodios que contarán coas voces de 16 especialistas para explicar a historia do aragonés e do catalán de Aragón a través de máis de mil anos.
O Concello de Huesca convoca a sétima edición do Premio Pedro Lafuente en aragonés
O Premio Pedro Lafuente en aragonés conta con catro categorías: a de narración curta, para textos de 15 a 20 páxinas; a de poesía, para poemas de 100 a 300 versos; a de zagals, para obras orais e escritas destinada a alumnado de infantil e primaria; e a de empresa, para as que favorezan a difusión do aragonés.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O Goberno de Aragón produce unha miniserie de debuxos animados para aprender nocións básicas de aragonés

Baixo o título de Moñacos (bonecos en aragonés), os dez capítulos desta miniserie, de pouco máis dun minuto de duración cada un, tratan aspectos básicos para aprender esta lingua, como saúdos, despedidas, partes do corpo, animais, familia etc.
Fonte: La Vanguardia
A sexta versión do dicionario en liña da lingua aragonesa incrementa o número de entradas

A nova versión do Aragonario incorpora tres vocabularios temáticos, así como unha revisión xeral que permitiu engadir 4660 entradas no enderezo aragonés-castelán e 3576 no enderezo castelán-aragonés.
Fonte: AraInfo
Un proxecto didáctico do Goberno de Aragón divulgará a diversidade lingüística desta comunidade autónoma

O proxecto «O nuestro charrar / El nostre parlar» chegará aos centros educativos aragoneses para divulgar a diversidade lingüística de Aragón dun xeito divertido coa recuperación de frases feitas e expresións en aragonés e catalán.
Fonte: Aragón Noticias
Os diálogos de Platón xa están dispoñibles en aragonés
O Goberno de Aragón pon a disposición da cidadanía a tradución ao aragonés, realizada por José Solana, dos diálogos de Platón Critón, Los enamorados e Clitofón que se recollen na obra Es alazez de la ziudat.
Fonte: COPE
As aventuras de Astérix pódense ler por primeira vez en aragonés
O aragonés súmase á longa lista de linguas ás que se traduciron as aventuras de Astérix, grazas á editorial Salvat que, coa colaboración do Goberno de Aragón, acaba de publicar o primeiro título da colección: Astérix o galo.
Fonte: Aragón Noticias
A cidadanía de Aragón poderá dirixirse en catalán, aragonés ou castelán ás Administracións públicas

O Goberno de Aragón está a ultimar un decreto, en fase de debate e contribucións, para regular o uso do aragonés e o catalán no ámbito das Administracións públicas, aínda que o castelán manterá a súa preeminencia legal.
Fonte: AraInfo
O Goberno de Aragón pon en marcha un calendario de advento con curiosidades do Nadal en aragonés

Trátase dunha aplicación móbil gratuíta mediante a que podemos dispoñer deste calendario de advento dixital que permite descubrir curiosidades do Nadal en aragonés.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín