Aragón

O Ministerio de Educación impide que o aragonés se converta nunha especialidade docente

O intento de conseguir que se admita o aragonés como especialidade conta coa negativa do Ministerio de Educación por non ser unha lingua cooficial e non considerar suficiente que sexa unha modalidade lingüística protexida.

Fonte: Heraldo

Aragón

Un ciclo de música servirá para reivindicar a lingua aragonesa

O Centro de Interpretación do Aragonés acollerá o festival MosiCasbas que ten como obxectivo poñer en valor esta lingua a través da música. En total, celebraranse catro concertos cada domingo desde o 11 de setembro ata o 2 de outubro.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O Goberno aragonés lanza un dicionario dixital do catalán de Aragón

O CatAragonario, dicionario en liña do catalán de Aragón, inclúe máis de 8000 entradas que mostran o equivalente da palabra en castelán, catalán normativo e nas correspondentes solucións dialectais distribuídas por comarcas.

Fonte: Aragón Universidad

Aragón

A Universidade de Zaragoza amplía a súa oferta formativa de aragonés para o alumnado de grao

O Campus de Huesca anunciou en febreiro a implantación dunha materia complementaria de Lingua Aragonesa para o alumnado de calquera grao. Agora vai ampliar esta oferta para o curso 2022-2023, con dous niveis formativos ao longo dos dous semestres do período académico.

Fonte: El Heraldo

Aragón

O Mosteiro de Casbas de Huesca convértese na sede do Centro de Interpretación do Aragonés

O novo Centro de Interpretación do Aragonés «Ana Abarca de Bolea», que toma o nome dunha das súas abadesas que escribiu nesta lingua, ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o aragonés e promover a súa aprendizaxe, así como sensibilizar e fomentar o compromiso cara a este idioma.

Fonte: Heraldo

Aragón

As ferramentas dixitais para a difusión e o coñecemento do aragonés superan os 4,5 millóns de consultas

A web, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Política Lingüística a finais de 2016, recibiu nestes anos máis de tres millóns de visitas e unha media diaria de 3500. Contén información sobre o aragonés e o catalán de Aragón, recursos didácticos, toponimia, documentación etc.   

Fonte: AraInfo

Aragón

Un folleto recompila máis de 200 topónimos do municipio de Yésero

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e a Comarca do Alto Gállego colaboraron co Concello de Yésero na creación dun folleto da toponimia deste municipio. Con este traballo dáse a coñecer como era e como é o uso da lingua aragonesa, consérvase o patrimonio inmaterial e establécese a forma oficial das denominacións que sempre se usaron para referirse ao territorio.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

Estréase na televisión autonómica de Aragón o primeiro 'late night' en aragonés

Aragón TV estrea A Escampar La Boira, o primeiro late night nas tres linguas que se falan nesta comunidade, que abordará temas de actualidade desde unha perspectiva dinámica, desenfadada e multilingüe.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Aragón propón crear a especialidade docente de lingua aragonesa

O Goberno aragonés sacou a información pública a Orde do Conselleiro de Educación, Cultura e Deporte pola que se establece a especialidade docente de lingua aragonesa para regular, a través dun proceso selectivo, a forma de acceder ao posto de profesor ou profesora de aragonés.

Fonte: Asturies.com

Aragón

Preséntase o primeiro manual de fonoloxía aragonesa

O Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa clausurou un curso no que se presentaron novos estudos, entre eles a primeira monografía sobre a fonoloxía do aragonés. 

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder