Aragón
Entréganse os VII premios Agora x l’aragonés que recoñecen os mellores traballos audiovisuais en lingua aragonesa
Estes galardóns recoñecen os mellores traballos gravados, subtitulados ou dobrados ao aragonés. Na categoría xeral o premio foi para Luz de setiembre e na escolar, para Pende de ros 2/Depende de los 2.
Fonte: El Cruzado
O municipio de Mequinenza acolle unha concentración en defensa do aragonés e o catalán de Aragón
O concello zaragozano de Mequinenza reuniu máis de 300 persoas das tres provincias nun acto para defender o uso do aragonés e o catalán de Aragón como linguas propias.
Fonte: El Nacional
A Deputación de Zaragoza reivindica a riqueza lingüística de Aragón cun programa de actividades
Este amplo programa está composto por máis de 25 actividades entre as que figuran charlas, presentacións, proxeccións... que se desenvolverán en diversas localidades da provincia de Zaragoza.
Fonte: Hoy Aragón
Só un 2 % da poboación de Aragón fala aragonés
O uso do aragonés diminuíu na comunidade e só o 2 % fala esta lingua, o que equivale a 25 000 falantes. Mentres, na zona fronteiriza con Cataluña, un 4 % utiliza o catalán a diario.
Fonte: Hoy Aragón
Unha mostra percorre as áreas lingüísticas de Aragón
A exposición “Áreas lingüística de Aragón y del aragonés”, inaugurada co gallo do inicio do Diploma de Filoloxía Aragonesa, mostra 58 mapas lingüísticos na Facultade de Educación.
Fonte: Diario del Alto Aragón
A comarca da Jacetania promoverá o aragonés no territorio
A comarca da Jacetania asinou coa Asociación Espelungué un convenio de colaboración para promover o aragonés no territorio, polo que asignará 1500 euros para impartir cursos desta lingua e realizar publicacións, xogos tradicionais ou actividades culturais.
Fonte: Heraldo
Increméntase o número de estudantes matriculados na materia de aragonés
Arredor de 1300 estudantes reciben neste curso 2023-24 clases de aragonés en 30 centros de primaria e secundaria de 50 localidades de Aragón, o que supón un incremento con respecto a anos anteriores.
Fonte: Aragón Noticias
A Academia Aragonesa da Lingua e a institución do Xustiza de Aragón asinan un convenio para o uso, a protección e a promoción das linguas aragonesas
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración que ten como obxectivo fomentar o uso, a protección e a promoción das linguas e as modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: La Litera Información
O Mosteiro de Casbas de Huesca acolle unha exposición sobre as linguas de Aragón
O Centro de Interpretación do Aragonés do Mosteiro de Casbas de Huesca acolle a exposición Vozes en o zierzo sobre as linguas minorizadas de Aragón. A mostra está organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón.
Fonte: SER
O dicionario dialectal do catalán de Aragón actualízase con 3000 novas entradas
O Goberno de Aragón actualizou o CatAragonario, o dicionario dialectal do catalán que se fala nesta comunidade, con 3000 novas entradas, co que xa alcanza as 15 000 voces, que van acompañadas das súas correspondencias en castelán e catalán estándar.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Boletín
Subscríbase ao boletín