Aragón
A Academia Aragonesa da Lingua e a institución do Xustiza de Aragón asinan un convenio para o uso, a protección e a promoción das linguas aragonesas
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración que ten como obxectivo fomentar o uso, a protección e a promoción das linguas e as modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: La Litera Información
O Mosteiro de Casbas de Huesca acolle unha exposición sobre as linguas de Aragón
O Centro de Interpretación do Aragonés do Mosteiro de Casbas de Huesca acolle a exposición Vozes en o zierzo sobre as linguas minorizadas de Aragón. A mostra está organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón.
Fonte: SER
O dicionario dialectal do catalán de Aragón actualízase con 3000 novas entradas
O Goberno de Aragón actualizou o CatAragonario, o dicionario dialectal do catalán que se fala nesta comunidade, con 3000 novas entradas, co que xa alcanza as 15 000 voces, que van acompañadas das súas correspondencias en castelán e catalán estándar.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Convócanse subvencións en materia de política lingüística en Aragón
As axudas van dirixidas a entidades sen ánimo de lucro e o seu obxectivo é financiar a realización de actividades culturais relacionadas coa promoción e sensibilización social do patrimonio lingüístico de Aragón. A Dirección Xeral de Política Lingüística prevé destinar a esta iniciativa un orzamento de 30 000 euros.
Fonte: Heraldo
A Academia Aragonesa da Lingua crea a Ortografía oficial do aragonés
A aprobación da Ortografía de l’aragonés, elaborada pola Comisión de Grafía do Instituto do Aragonés, acaba coas diferentes propostas ortográficas para a escritura desta lingua, senta as bases para avanzar na súa codificación e favorece unha maior presenza do idioma en todos os ámbitos.
Fonte: Aragón Cultura
O Goberno de Aragón impulsa un estudo sociolingüístico sobre a evolución do aragonés

Este estudo sociolingüístico ten como obxectivo coñecer a realidade social da lingua aragonesa e analizar a súa evolución tendo en conta investigacións anteriores. O traballo de campo, que consistirá na realización de enquisas por todo o territorio, comezará a realizarse no mes de abril.
Fonte: Heraldo
Un novo proxecto educativo dará a coñecer a riqueza lingüística de España

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón é a coordinadora do proxecto PlurilingüES, composto por materiais educativos e unha web cos que se pretende explicar a diversidade lingüística de España.
Fonte: Aragón Digital
A canle de YouTube Lenguas de Aragón estrea a serie Os Bolechas en aragonés

O Goberno de Aragón é o responsable da tradución e a dobraxe ao aragonés da serie de debuxos animados Os Bolechas, que xa se emitiu en varias canles autonómicas, así como na televisión portuguesa, e cuxo autor é o galego Pepe Carreiro.
Fonte: CARTV
Publícase a normativa de uso oficial do catalán de Aragón
O Pleno da Academia Aragonesa da Lingua aprobou por unanimidade o primeiro acordo relativo á normativa de uso oficial do catalán de Aragón, que agora se publica no Boletín Oficial de Aragón.
Fonte: La Litera Información
Novas ferramentas dixitais relacionadas co aragonés completan os recursos que o Goberno de Aragón pon a disposición da cidadanía

Os novos recursos, dispoñibles no portal “Aragón. Recursos en linia ta l’aragonés”, continúan o proceso de dixitalización desta lingua impulsado polo Goberno de Aragón. Así, as persoas interesadas poderán descargar de balde un corrector ortográfico, un teclado preditivo e unha barra web de tradución.
Fonte: AraInfo
Boletín
Subscríbase ao boletín