Aragón
O Goberno de Aragón destina 5000 euros a desenvolver actividades a prol das linguas propias
O Goberno de Aragón subscribe un acordo de colaboración coa comarca de La Ribagorza para poñer en marcha medidas a prol do aragonés e o catalán de Aragón, e as súas variedades dialectais tales como actividades de difusión, dinamización social e cultural, publicacións, rótulos etc.
Fonte: El Periódico de Aragón
Sae á luz o primeiro disco de rap en aragonés
Os Chardins de Shalimar é o nome do primeiro disco publicado en aragonés. Para Krevi Solenco, o seu autor, trátase dun medio de expresión para reivindicar esta lingua e para falar de cuestións sociais.
Fonte: elDiario.es
A Facultade de Ciencias Humanas e da Educación do campus de Huesca realiza unha exposición coas linguas de Aragón como protagonistas
Para celebrar o Día de Aragón, a facultade recupera a exposición ‘Aragón 3L’ sobre a realidade lingüística da Comunidade e ofrece unha visión xeral sobre a situación do castelán, do aragonés e do catalán. Será posible visitala desde o día 26 de abril ata o día 3 de maio, de luns a venres e de 8:30 a 21:00 horas no edificio principal do centro.
Fonte: Radio Huesca
Preséntase unha aplicación para difundir a literatura en lingua aragonesa
O Goberno de Aragón presentou a aplicación LiteARAtura que ten como obxectivo difundir a literatura en lingua aragonesa, desde as primeiras mostras da Idade Media ata o momento actual.
Fonte: Heraldo
Jaca acolle unha reunión do proxecto europeo Poctefa Linguatec para abordar as ferramentas dixitais desenvolvidas para o aragonés
Os integrantes do programa europeo Poctefa Linguatec organizaron un obradoiro de transferencia de coñecementos no que se abordaron as ferramentas dixitais desenvolvidas para o aragonés.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Lanzan a cuarta edición do Aragonario, o dicionario dixital do aragonés, con importantes novidades

O Aragonario, o dicionario en liña de aragonés, entrou en funcionamento en abril de 2019 con 8653 entradas en castelán coa súa correspondencia en aragonés e en xaneiro de 2020 chegou ás 23 212. A última versión inclúe a tradución aragonés-castelán, así como variantes comarcais.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Consello de Europa recomenda que o aragonés e o catalán se inclúan no Estatuto de Autonomía de Aragón
O comité de especialistas sobre protección de linguas minoritarias do Consello de Europa solicitoulle ao Estado español que as linguas aragonesa e catalá se inclúan no Estatuto de Aragón, que se incorporen a todos os niveis educativos e que se impulse o seu uso na Administración.
Fonte: AraInfo
O Goberno de Aragón destinará 30 000 euros a actividades de promoción das linguas minoritarias
No marco do convenio de colaboración do Goberno de Aragón e a Universidade de Zaragoza, o Executivo destinará unha partida económica de 30 000 euros á Cátedra Johan Fernández d´Heredia, de linguas propias de Aragón e patrimonio inmaterial aragonés.
Fonte: Heraldo
Preséntanse os resultados de dous estudos sobre o futuro do aragonés
Especialistas da Universidade de Zaragoza presentaron dúas investigacións sobre o futuro do aragonés: unha dedicada á mocidade altoaragonesa e a lingua materna, e outra sobre os distintos actores implicados na supervivencia deste idioma.
Fonte: AraInfo
Ponse en marcha unha campaña de repartición de máscaras para loitar contra o coronavirus e fomentar o aragonés oriental
Mediante esta campaña, coa que se pretende protexer contra o coronavirus e impulsar o chapurriau/aragonés oriental, xa se repartiron 200 máscaras por varias poboacións de Aragón.
Fonte: Radio Huesca
Boletín
Subscríbase ao boletín