Aragón
A Universidade de Zaragoza liderará o proxecto NexusLinguarum para reducir as barreiras lingüísticas en Europa

O proxecto internacional NexusLinguarum axudará a reducir as barreiras lingüísticas en Europa e favorecerá o comercio electrónico e o intercambio cultural entre países de distinto idioma. Así mesmo, servirá de apoio ás linguas minoritarias cuxo soporte tecnolóxico sexa limitado.
Fonte: Aragón Digital
O Goberno de Aragón traballará na consolidación do ensino das linguas minoritarias
Así o declarou o director xeral de Política Lingüística, quen argumentou que todos os centros educativos recibirán novos materiais didácticos con este propósito, dentro dos programas educativos Aragón Natural e Aragón 3L. Ademais, tamén destacou que se impulsará a Academia Aragonesa da Lingua.
Fonte: La Vanguardia
A plataforma Charramos Aragonés emprende accións legais para recuperar os sinais en lingua aragonesa de Huesca
Esta plataforma presentou no Concello un recurso potestativo de reposición contra o acordo que revocou o pacto plenario que incluía a Huesca como cidade bilingüe e solicitan que se repoñan os sinais de benvida á cidade en aragonés e castelán.
Fonte: El Diario
Denuncian a revogación de Huesca como zona de utilización predominante da lingua aragonesa
O Consello d'a Fabla Aragonesa denunciou nun comunicado a revogación do acordo polo que Huesca se incluía na zona de utilización predominante do aragonés e instan o Concello a acatar o Estatuto de Autonomía de Aragón no que se di que esta lingua será obxecto de especial respecto e protección.
Fonte: Radio Huesca
Nace en Huesca un novo colectivo en defensa da lingua aragonesa

Na plataforma Charramos Aragonés conflúen cidadanía e diversas entidades interesadas na defensa desta lingua, co obxectivo de esixir medidas de protección do patrimonio lingüístico, como a reposición da sinalización en aragonés e castelán que daba a benvida ao centro da cidade de Huesca.
Fonte: Heraldo
O Concello de Huesca retira os carteis da cidade escritos en aragonés
O Concello de Huesca, obrigado por unha moción aprobada polo Pleno, retirará os carteis colocados hai un ano nas entradas da cidade que daban a benvida en aragonés e español.
Fonte: Heraldo
Preséntase en Huesca unha antoloxía poética en aragonés escrita por mulleres

A obra, Arquimesa, que foi presentada no Instituto de Estudos Altoaragoneses de Huesca, recolle poemas escritos por 14 autoras de referencia en aragonés dende o século XVII ata a actualidade.
Fonte: Diario de Alto Aragón
O Goberno de Aragón convoca un programa para a difusión do catalán e as súas modalidades lingüísticas nos centros educativos
Destinado tanto a centros educativos públicos como privados, o programa Jesús Moncada pretende achegar a oferta de actividades en catalán e as súas modalidades lingüísticas en Aragón ao alumnado, adaptándoa a todas as áreas curriculares.
Fonte: Lenguas de Aragón
Aumenta a preocupación entre os mestres de aragonés polo ensino desta lingua nas escolas
O curso comeza con maior número de docentes de aragonés en infantil e primaria. Porén, a posibilidade de que estes non teñan que acreditar o nivel mínimo de coñecemento para impartilo e o incumprimento do horario semanal que debería dedicarse á súa docencia nas escolas, diminúe a calidade da ensinanza.
Fonte: Sobrarbe Digital
Instan o Goberno de Aragón a que se cumpra o horario legal de clases de aragonés

A institución do Justicia de Aragón pide que se cumpra a lexislación vixente e que nos centros onde contan coa materia de aragonés se impartan os 90 minutos á semana que establece o currículo autonómico.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín