Aragón

O Bispado de Lleida defende o uso do catalán no xuízo que reclama a devolución dos bens histórico-artísticos en Aragón

O Bispado de Lleida envioulle un escrito de alegacións ao Xulgado de Primeira Instancia de Barbastro no que defende o uso do catalán no xuízo de bens histórico-artísticos de parroquias aragonesas por considerar que é unha lingua oficial en Aragón.  

Fonte: La Vanguardia

Aragón

A sinatura dun novo convenio servirá para fomentar o aragonés na comarca do Alto Gállego

A Asociación Calibo e a comarca do Alto Gállego renovaron o seu convenio de colaboración para promover o coñecemento do aragonés, un acordo en virtude do cal a devandita asociación recibirá 1500 euros para continuar co seu programa para o ensino desta lingua entre persoas adultas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Goberno de Aragón pon en marcha unha web para aprender aragonés

A web lenguasdearagon.org, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística no marco do programa "Viene-Ven", pon a disposición das persoas interesadas recursos didácticos para aprender aragonés de xeito libre e gratuíto.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Segundo un estudo, só tres de cada dez zaragozanos fala aragonés ou catalán

Segundo un estudo da Oficina da Lingua Aragonesa, soamente un 2,9% dos zaragozanos fala algunha das linguas propias de Aragón, isto é, catalán ou aragonés, mentres que as entenden un 5,5%. O seu uso adoita reducirse ao ámbito privado e a maioría dos seus falantes sitúase entre os 26 e os 45 anos.  

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Universidade de Zaragoza acolle unha exposición que mostra a situación actual do aragonés

A exposición itinerante “L’aragonés, un patrimonio común” chega ao Paraninfo da Universidade de Zaragoza para amosar a situación actual deste idioma, dar a coñecer a diversidade cultural e lingüística de Aragón, e favorecer o respecto ás minorías.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Publícase un volume que analiza os usos lingüísticos na Franxa de Aragón

A Universidade de Zaragoza, en colaboración coa Generalitat de Cataluña e o Goberno de Aragón, publica un volume que analiza a Enquisa dos usos lingüísticos na Franxa 2014. Esta obra ten como finalidade ofrecer información sobre a realidade sociolingüística dos municipios aragoneses onde se fala catalán.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Aragón

O Goberno de Aragón convoca a segunda edición do premio "Espiello Agora x l’aragonés"

O Goberno de Aragón e a Comarca do Sobrarbe convocan a segunda edición do premio “Espiello Agora x l´aragonés”, ao que se poden presentar películas gravadas, dobradas ou subtituladas nesta lingua.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

O Goberno de Aragón regulará o ensino do aragonés e o catalán

Segundo os datos oficiais do Goberno de Aragón, case 100 centros educativos imparten na actualidade clases en aragonés ou catalán. Nas próximas semanas publicarase unha orde que regulará os proxectos lingüísticos nestes dous idiomas e que establecerá que na Educación Infantil se imparta catalán ou aragonés ata catro ou seis veces por semana.

Fonte: Hoy Aragón

Aragón

Unha normativa regulará os proxectos lingüísticos nas linguas propias de Aragón nos centros escolares

Debido ao incremento de colexios e institutos en Aragón que imparten algunha clase en aragonés ou en catalán, o Goberno desta comunidade publicou o proxecto de Orde polo que se regulan os proxectos lingüísticos en linguas propias de Aragón nos centros educativos.

Fonte: Heraldo

Aragón

A Universidade de Zaragoza contará cunha especialidade de profesor de aragonés

A Universidade de Zaragoza aprobou a posta en marcha da especialidade de aragonés para os graos de Maxisterio de Educación Primaria e de Educación Infantil. Trátase de que o alumnado destas titulacións poida dedicarse á docencia da materia de Lingua Aragonesa nos centros educativos desta comunidade.

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder