Aragón
Unha campaña recolle sinaturas a favor da oficialidade do catalán en Aragón
Un grupo de particulares aragoneses, englobados na iniciativa 'Lei de linguas, si', abriu unha recollida de sinaturas por internet para "instar as autoridades aragonesas" a dar cumprimento ao mandato estatutario que as obriga a promulgar unha lei de linguas de Aragón na que se ten que definir o status legal do catalán e o aragonés.
Fonte: Avui
O Consello d'a Fabla reivindica a presenza pública da lingua aragonesa
Con diversas accións programadas para os vindeiros días, o Consello d´a Fabla Aragonesa pretende impulsar a presenza pública desta lingua. Entre estas actividades atópase unha serie de faladoiros en aragonés.
Fonte: Radio Huesca
A Coordinadora 'Aragón ye trilingüe' manifestarase en maio pola igualdade de aragonés, catalán e castelán en Aragón
A Coordinadora 'Aragón ye trilingüe' convocou unha manifestación o próximo 16 de maio para reivindicar a igualdade do aragonés, o castelán e o catalán na comunidade autónoma e esixir o recoñecemento dos dereitos dos falantes das tres a expresarse nestas linguas.
Fonte: Ya.com
Reclaman en Zaragoza o aragonés como lingua propia fronte ao catalán
A Plataforma No Hablamos Catalán celebrou unha protesta en Zaragoza para rexeitar a intención do PSOE e da Chunta Aragonesista de 'impoñer' o catalán en Aragón como lingua propia e reivindicar como aragonés a fala da franxa oriental.
Fonte: Terra
Nace o Instituto de Linguas da Península Ibérica
Cos obxectivos de fomentar a convivencia entre as distintas linguas peninsulares, nace o Instituto de Linguas da Península Ibérica (ILPI), unha entidade promovida polo Concello de Benasque (Aragón) e pola Deputación Xeral de Aragón.
Fonte: CTNL
Centos de persoas maniféstanse en Zaragoza e piden ante a sede das Cortes de Aragón unha lei de linguas
Centos de persoas manifestáronse polo centro da capital aragonesa, ata chegar ao Palacio da Aljafería, sede das Cortes de Aragón, para reivindicar que o Parlamento aragonés aprobe unha lei de linguas.
Fonte: Qué
PSOE e Partido Aragonés negocian a lei que regulará o uso do catalán en Aragón
Os socios do Goberno de Aragón, PSOE e PAR, ultiman un pacto que permita sacar adiante a Lei de linguas. O texto está pendente desde hai dez anos, desde que a Lei de patrimonio de 1999 establecese que debía aprobarse outra lei para regular as modalidades lingüísticas que se falan nesta terra, entre as que citaba expresamente o catalán.
Fonte: ABC
O PSOE leva xa ás Cortes a Lei de linguas de Aragón
O PSOE rexistrará nas Cortes a proposición de lei das linguas de Aragón, despois de anos de negociacións infrutuosas co seu socio de Goberno, o PAR (Partido Aragonés).
Fonte: El Periódico de Aragón
O PSOE de Aragón presenta unha proposición de lei que non prevé a cooficialidade de aragonés e catalán
O PSOE rexistrou na Cámara Autonómica de Aragón unha proposición de lei de uso das linguas propias de Aragón, que non logrou pactar co seu socio de Goberno, o Partido Aragonés (PAR), na que non se prevé a cooficialidade do castelán con outras linguas como o catalán ou o aragonés.
Fonte: ADN
Activistas contra a Lei de linguas de Aragón recollen sinaturas para impedir o recoñecemento do catalán
Un grupo de membros da Plataforma Non Falamos Catalán recolleu sinaturas en Zaragoza para impedir que se recoñeza o catalán como lingua propia de Aragón.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín