Aragón
O recurso á Lei de linguas de Aragón chega ao Tribunal Constitucional
A Lei de linguas de Aragón chegou ao Tribunal Constitucional (TC) recorrida por Chunta Aragonesista, PSOE e Izquierda Unida.
Fonte: Heraldo
As escolas de idiomas de Aragón ofrecerán o título de nivel avanzado superior por primeira vez
A partir do próximo curso académico, os alumnos poderán obter por primeira vez a titulación de Nivel C1 nas escolas oficiais de idiomas de Aragón. Este título equivale ao nivel avanzado superior, onde o estudante entende case todo do idioma seleccionado, ata as expresións idiomáticas e, salvo erros ocasionais, o seu nivel achégase ao da lingua materna, ata en situacións de maior complexidade.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Deputación de Huesca concederalles bolsas aos alumnos de Filoloxía Aragonesa
A Deputación Provincial de Huesca daralles bolsas aos alumnos do Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, impartido pola Universidade de Zaragoza no campus oscense, cun 50 por cento de redución no prezo da matrícula.
Fonte: Heraldo
A Generalitat de Cataluña promove o catalán en Aragón
O Goberno aragonés subscribiu un novo convenio de colaboración coa Generalitat para facilitar a presenza de profesores de catalán en municipios de Aragón oriental.
Fonte: ABC
Un total de 107 centros aragoneses potenciará a aprendizaxe de linguas estranxeiras
Trátase na súa maioría de colexios e institutos non bilingües que fomentarán o ensino de idiomas mediante actividades curriculares, complementarias e/ou extraescolares. Educación puxo en marcha por primeira vez este programa de potenciación dirixido aos centros que non queren impartir materias completas noutra lingua.
Fonte: Ejera Digital
Decenas de persoas claman pola lingua aragonesa
Varias decenas de persoas reuníronse en Fraga en defensa da identidade, a lingua e a historia de Aragón. Representantes de 34 asociacións e partidos políticos, encabezadas polo Rolde Choben e o Partido Aragonés, participaron destas reivindicacións aragonesistas en defensa dunha historia de Aragón “sen manipulacións nin terxiversación, así como na defensa da lingua aragonesa e da propia identidade”.
Fonte: El Periódico de Aragón
Organizan obradoiros de cine en versión orixinal para mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras en Aragón
Favorecer a aprendizaxe de idiomas e achegar aos alumnos o cine en versión orixinal. Con este obxectivo o departamento de Educación do Goberno de Aragón está levando a cabo, ao longo deste mes de decembro, obradoiros de cine en versión orixinal en 17 centros de Educación Secundaria bilingües da comunidade.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Máis de 450 nenos estudan aragonés en colexios e nun instituto de Huesca
A lingua aragonesa vai gañando espazo nas aulas. Este curso, 456 nenos estudan a materia extraescolar de aragonés nunha vintena de localidades de Huesca (colexios, centros rurais agrupados e un instituto), segundo datos do Programa de Aragonés do Departamento de Educación.
Fonte: El Heraldo de Aragón
A Chunta Aragonesista pide que se cree a Academia Aragonesa da Lingua
O voceiro do grupo parlamentario de Chunta Aragonesista (CHA), José Luis Soro, esixiulle ao Executivo autonómico que publique o mapa de uso histórico predominante das linguas e modalidades lingüísticas minoritarias da comunidade autónoma e que constitúa a Academia Aragonesa da Lingua.
Fonte: Te Interesa
Os estudantes de catalán en Aragón son dez veces máis cós estudantes de aragonés
Este curso, algo máis de 450 nenos da comunidade estudan a materia extraescolar de aragonés en 20 vilas oscenses impartidas por sete docentes. Por contra, o número de escolares que estudan catalán en Aragón é máis de dez veces superior, xa que son máis de 5000 nenos os que aprenden esta lingua na actualidade.
Fonte: El Periódico de Aragón
Boletín
Subscríbase ao boletín