Aragón

Máis de 450 nenos estudan aragonés en colexios e nun instituto de Huesca

A lingua aragonesa vai gañando espazo nas aulas. Este curso, 456 nenos estudan a materia extraescolar de aragonés nunha vintena de localidades de Huesca (colexios, centros rurais agrupados e un instituto), segundo datos do Programa de Aragonés do Departamento de Educación.

Fonte: El Heraldo de Aragón

Aragón

A Chunta Aragonesista pide que se cree a Academia Aragonesa da Lingua

O voceiro do grupo parlamentario de Chunta Aragonesista (CHA), José Luis Soro, esixiulle ao Executivo autonómico que publique o mapa de uso histórico predominante das linguas e modalidades lingüísticas minoritarias da comunidade autónoma e que constitúa a Academia Aragonesa da Lingua.

Fonte: Te Interesa

Aragón

Os estudantes de catalán en Aragón son dez veces máis cós estudantes de aragonés

Este curso, algo máis de 450 nenos da comunidade estudan a materia extraescolar de aragonés en 20 vilas oscenses impartidas por sete docentes. Por contra, o número de escolares que estudan catalán en Aragón é máis de dez veces superior, xa que son máis de 5000 nenos os que aprenden esta lingua na actualidade.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O Concello aragonés de Mequinensa e diversas entidades queren manter a materia de catalán

O Concello de Mequinensa e diversas entidades sociais e culturais deste municipio da Franxa presentaron alegacións ao currículo de ensino primario de Aragón para poder manter o ensino do catalán nas escolas e que se recoñeza en todos os desenvolvementos lexislativos do sistema educativo de Aragón, ademais de manter a habilitación do profesorado para impartir a área de catalán e outras áreas nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Aragón

Homenaxean o xornalista e escritor Raúl Vallés no Día da Lingua Aragonesa

A Plataforma Aragonesa Non Falamos Catalán (PANHC) e a Federación de Asociacións Culturais do Aragón Oriental (Facao) organizaron en Alcañiz a celebración do Día da Lingua Aragonesa, acto ao que acudiron unha decena de persoas. Durante a xornada, reivindicaron a aplicación da Lei de Linguas de inmediato e a creación dunha academia aragonesa.

Fonte: La Comarca

Aragón

O Tribunal Superior de Xustiza de Aragón suspende a inclusión do aragonés no currículo de Primaria

O Tribunal Superior de Xustiza de Aragón suspendeu cautelarmente a inclusión do aragonés no currículo de Primaria, solicitada pola Fundación Gaspar Torrente que rexeita a imposición dunha ortografía diferente á que se viña ensinando historicamente.

Fonte: Heraldo

Aragón

Nace a asociación Mestres de Aragonés para unir lazos entre os docentes desta lingua

Co fin de ofrecer un punto de unión os mestres de aragonés que desenvolven a súa actividade docente no ensino regulado de Educación Infantil e Primaria creouse a asociación Mestres de Aragonés. Esta asociación pretende defender os dereitos laborais así como potenciar a mellora das condicións profesionais deste colectivo.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Mestres e mestras de aragonés denuncian a oferta formativa para docentes de lingua aragonesa

Nunha nota de prensa, a Asociación de Mestres e Mestras de aragonés lembra que desde a entrada do actual executivo no Goberno de Aragón, as actividades de formación en centros de profesores ás que podían acceder os docentes de lingua aragonesa sufriron un empeoramento nas súas condicións así como na calidade dos seus contidos.

Fonte: AraInfo

Aragón

Denuncian o trato dun programa de Televisión Española á lingua aragonesa

O partido político Chunta Aragonesista vai presentarlle unha queixa a Televisión Española polo trato que lle deu á lingua aragonesa no seu programa Comando Actualidad.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A porcentaxe de persoas que coñecen e practican o aragonés creceu un 84,8 % desde 1981

Un novo informe sobre coñecemento da lingua aragonesa indica que a porcentaxe actual de persoas que coñecen e estudan esta lingua sitúase no 4 %, o que equivale a 54 481 aragoneses. Este dato amosa un aumento do 84,8 % con respecto ao censo de 1981.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder