Aragón
O Goberno de Aragón presenta no Parlamento Europeo un informe sobre a situación do aragonés e o catalán
O Parlamento Europeo comprometeuse a colaborar co Goberno de Aragón para mellorar a situación das linguas minoritarias que se falan nesta comunidade, aragonés e catalán.
Fonte: Aragón Digital
Unhas xornadas revelan que o uso do catalán retrocede entre a xente nova da zona oriental de Huesca
Entre as conclusións presentadas nas xornadas de debate Cinga-Fórum sinálase que un 20 % dos mozos pertencentes a familias catalanfalantes se comunica habitualmente en castelán.
Fonte: Canal Lietra
Comeza a sexta edición do posgrao en lingua aragonesa no Campus de Huesca
Esta titulación, o Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, acollerá máis de vinte estudantes que se formarán en competencias comunicativas, orais e escritas en aragonés.
Fonte: Radio Huesca
Unhas xornadas afondan no coñecemento da lingua e a literatura aragonesas
Huesca acolle a sétima edición destas xornadas que teñen como obxectivo afondar no coñecemento da lingua aragonesa e da súa literatura da man de especialistas na materia.
Fonte: 20minutos
O número de estudantes de aragonés aumenta un 25 % respecto ao curso anterior
O número de alumnos/as que estuda aragonés pasou de 625 no curso anterior a 782 no actual, o que supón un incremento do 25 %.
Fonte: El Periódico de Aragón
Un estudo recompilará a toponimia aragonesa de Huesca
Un estudo, encargado polo Concello de Huesca a un especialista en lingua aragonesa, recompilará a toponimia tradicional das súas rúas e barrios.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Goberno de Aragón organiza uns obradoiros infantís para ensinar aragonés
O obxectivo destes obradoiros, impulsados polo Goberno de Aragón e patrocinados por Ibercaja, é que os nenos aprendan aragonés a través de actividades lúdicas.
Fonte: ABC
Zaragoza acollerá unhas xornadas sobre a diversidade lingüística en Aragón
Estas xornadas, organizadas polo departamento de Educación e a Asociación de Periodistas, abordarán a situación das linguas minoritarias en Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Goberno de Aragón destaca o seu apoio ás iniciativas de impulso e difusión da lingua aragonesa
Na homenaxe ao escritor Félix Gil del Cacho, o director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón reiterou o apoio do organismo ás iniciativas que defenden a lingua aragonesa.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Máis de 60 centros escolares aragoneses participan en programas de difusión das linguas catalá e aragonesa
Estes programas ofreceranse en todo Aragón, co obxectivo de difundir as linguas da rexión, mediante poesía, pintura, contacontos, cine etc.
Fonte: Heraldo
Boletín
Subscríbase ao boletín