Aragón

O Goberno de Aragón convocará os premios de literatura en linguas aragonesa e catalá

O Goberno de Aragón, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, convocará os premios de literatura Arnal Cavero en aragonés e Guillem Nicolau en catalán. Os dous premios contan cunha dotación de 3 000 euros cada un.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O Goberno de Aragón impulsa dous concursos literarios en lingua aragonesa

O Goberno de Aragón impulsou dous concursos de literatura en aragonés, que están relacionados coa creación dunha obra en lingua aragonesa ou ben coa tradución de calquera obra ao aragonés. O premio é de 3000 euros e a posible publicación da creación literaria polo Goberno de Aragón.

Fonte: Heraldo

Aragón

A lingua aragonesa estará presente na segunda edición do Festival de Poesía de Zaragoza

O Festival de Poesía Contemporánea de Zaragoza "Soñar 2017" tratará, entre outras cuestións, a poesía da muller e a lingua aragonesa. Respecto ao aragonés, realizarase un recital no que grandes poetas confirmarán cos seus poemas o patrimonio lingüístico de Aragón. O acto terá lugar entre os días 9 e 17 de setembro de 2017.

Fonte: aragondigital.es

Aragón

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Aragón explicará a súa política lingüística nas Cortes

O director xeral de Política Lingüística de Aragón, Xosé Ignacio López Susín, comparecerá nas Cortes a petición do PP e Ciudadanos. Na súa intervención, o director explicará a política lingüística do Goberno aragonés.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Apróbase o uso da lingua catalá na televisión pública de Aragón

As Cortes de Aragón aprobaron unha resolución pola que se establece o uso da lingua catalá na televisión pública da Comunidade aragonesa.

Fonte: El Confidencial Autonómico

Aragón

O Concello de Huesca organiza obradoiros de lingua e cultura aragonesas para o alumnado de 3º de Educación Infantil

Este obradoiro de acercamento á lingua e a cultura aragonesas está dirixido ao alumnado de 3º de Infantil (5 e 6 anos) dos centros educativos públicos e concertados de Huesca e comarca, unha iniciativa á que, de momento, se sumaron catro colexios da capital.

Fonte: El Diario

Aragón

Entréganse uns premios literarios para reivindicar as linguas de Aragón

O Goberno de Aragón entregou cinco premios literarios cos que busca normalizar as tres linguas que conviven na Comunidade: o castelán, o aragonés e o catalán. De feito, este ano recuperáronse dous premios relacionados coas linguas aragonesa e catalá.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O alumnado que estuda lingua aragonesa incrementouse un 80 % nos dous últimos anos

O ensino de lingua aragonesa nos centros educativos de Aragón, que cumpre 20 anos, experimentou un crecemento do 80 % no número de alumnos e alumnas respecto ao ano 2015. Ademais, ampliáronse as localidades nas que se ensina esta lingua.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Un estudo alerta da perda de falantes de aragonés

Segundo un informe, a porcentaxe da poboación que sabía falar aragonés en 2001 era do 18,6 %, mentres que, unha década despois, en 2011, esa porcentaxe descendera ata o 5,6%.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Zaragoza impulsará un plan de dobre rotulación das rúas para fomentar o uso da lingua aragonesa

O Concello de Zaragoza está a impulsar un plan de fomento do uso e coñecemento do aragonés, que conta con diversas actuacións. Entre elas, salienta a dobre rotulación dalgunhas rúas e a promoción do Día da Lingua Aragonesa.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder