Aragón

Presentan un documental que recolle a memoria da literatura en lingua aragonesa dende o século XIV

O documental 'Recosiros I. Biblioteca de autores en aragonés', que foi presentado na Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca, foi realizado como homenaxe aos escritores dos séculos XIV ao XX, a fin de fomentar a cultura e a lingua aragonesas.

Fonte: Heraldo

Aragón

Fórmase unha asociación para reivindicar o uso do chapurriau e a súa separación do catalán

O sábado 24 de marzo de 2018 celebrouse a presentación oficial da Asociación Cultural Amigos do Chapurriau, que nace co obxectivo de reclamar o chapurriau como a lingua falada nas rexións aragonesas de Valderrobres e Matarraña.

Fonte: La Comarca

Aragón

Zaragoza celebrará unha feira para promover o uso da lingua aragonesa

O próximo 14 de abril de 2018 celébrase a primeira Feira Agora x l'aragonés, un evento organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e o Concello de Zaragoza co fin de promover o uso da lingua aragonesa.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Unha película de debuxos animados gaña o premio Espiello Agora x l’aragonés

O premio Espiello Agora x l'aragonés foi organizado co obxectivo de premiar o mellor audiovisual gravado, dobrado ou subtitulado en lingua aragonesa, a fin de promover o seu uso neste ámbito. A película Lo Gorroroi recibiu o primeiro premio, que ademais é o primeiro filme de debuxos animados realizado nesta lingua.

Fonte: Ara Info

Aragón

Comeza un curso virtual para promover o uso da lingua aragonesa e dar a coñecer a súa situación lingüística

Ante o éxito da primeira edición do curso en liña 'Introdución á lingua aragonesa', a Fundación Aragonesa para a Formación e o Emprego (Araforem) puxo en marcha unha nova edición, a través da cal se busca promover o uso desta lingua e dar a coñecer a súa situación.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Apróbanse os Estatutos da Academia Aragonesa da Lingua para regular o correcto uso das linguas propias de Aragón

O Goberno de Aragón anunciou a aprobación dos Estatutos da Academia Aragonesa da Lingua, de xeito que poderán contar cunha institución oficial que estableza as normas sobre o correcto uso das dúas linguas propias de Aragón, o aragonés e o catalán de Aragón, ademais de encargarse de defender e promover o uso normalizado destas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Goberno de Aragón impulsará a creación dun dicionario e un tradutor en liña da lingua aragonesa

O Goberno de Aragón impulsará o desenvolvemento dun dicionario e un tradutor en liña da lingua aragonesa. Esta acción enmárcase dentro do programa POCTEFA Linguatec de dixitalización e defensa das linguas minoritarias europeas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O aragonés inclúese no mapa das linguas en perigo de extinción

A Alianza para a Diversidade Lingüística, á que pertence o proxecto Idiomas en Perigo de Extinción, mantén actualizado un mapa interactivo que informa sobre a situación de cada lingua, no cal o aragonés figura no máximo nivel de alerta.

Fonte: Heraldo

Aragón

A localidade zaragozana de Artieda acolle un encontro de inmersión lingüística en aragonés

A Asociación Trobada organiza un ano máis un encontro col obxectivo de xuntar falantes de aragonés para demostrar que é posible vivir nesta lingua fóra do ámbito familiar e social ao que normalmente se asocia.

Fonte: AraInfo

Aragón

O Goberno de Aragón convoca uns premios literarios en aragonés e catalán

Os premios literarios fomentarán a creación literaria en variedade de xéneros (narrativa, poesía, teatro e ensaio) nas linguas propias de Aragón. Trátase do Arnal Cavero (en aragonés) e Guillem Nicolau (catalán), ambos dotados con 3000 euros.

Fonte: El Confidencial Autónomico

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder