Aragón
O Goberno de Aragón organiza dous programas para a promoción do aragonés e o catalán
O Goberno de Aragón destinou 14 000 euros para a posta en marcha dos programas "Luzía Dueso" e "Jesús Moncada" dos cales se beneficiarán un total de 63 centros educativos e que servirán para realizar actividades de fomento das linguas aragonesa e catalá.
Fonte: Aragón Digital
O número de peticións para realizar actividades escolares en catalán e aragonés supera as previsións do Goberno de Aragón
A falta de orzamento impide financiar máis de 150 iniciativas de centros de ensino de Aragón para levar a cabo actividades en catalán e aragonés, o que supón que case dous terzos queden sen asignación económica.
Fonte: Público
Publícanse as bases dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán
O Boletín Oficial de Aragón publicou as bases para a concesión destes premios que recoñecerán a creación literaria (narrativa, poesía, teatro ou ensaio) en lingua aragonesa ou catalá, a tradución ao aragonés ou outra forma de expresión artística relacionada con estas linguas.
Fonte: Aragón Liberal
O Concello de Huesca inicia unha campaña de difusión do aragonés no sector do comercio
A campaña, dirixida ao comercio de Huesca, consiste na repartición gratuíta dun lote con material en aragonés composto por un calendario de 2017, un folleto explicativo sobre as actividades da Oficina de Lingua Aragonesa e un cartel de "aberto/pechado" neste idioma.
Fonte: Radio Huesca
Un grupo de especialistas finaliza o informe coa grafía unificada para o aragonés
O Goberno de Aragón entregoulles a proposta de grafía unificada para o aragonés, elaborada por un comité de lingüistas, ás asociacións máis representativas vinculadas con esta lingua.
Fonte: El Periódico de Aragón
Comeza a andaina dunha nova radio en aragonés co obxectivo de promover esta lingua
O pasado 4 de febreiro púxose en marcha un novo medio de comunicación, Chisla Radio, a nova radio en aragonés que emitirá a través de internet e que busca converterse nunha ferramenta de fomento desta lingua.
Fonte: Heraldo
O Goberno de Aragón presenta unha web para impulsar as linguas que se falan no seu territorio
O obxectivo desta nova páxina web (www.lenguasdearagon.org) é actuar na protección, promoción e difusión das linguas que se falan en Aragón: o aragonés e o catalán.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Goberno de Aragón e a Universidade de Zaragoza promoverán e difundirán as linguas da Comunidade
Ambas as institucións subscribiron un convenio de colaboración polo que apoiarán a investigación e a difusión das linguas propias de Aragón, o catalán e o aragonés.
Fonte: Aragón Digital
Segundo un estudo, catalán e aragonés sobreviven en Aragón, aínda que en situacións moi diferentes
Mentres que o catalán goza de vitalidade nas zonas en que se fala, xa que a transmisión familiar desta lingua alcanza o 80%, no caso do aragonés esta porcentaxe descende ata o 56%.
Fonte: Público
Máis de 5200 escolares aragoneses estudan unha das dúas linguas propias de Aragón
Máis de 5200 escolares do ensino público estudan aragonés ou catalán, un dato especialmente positivo para a lingua aragonesa que se atopa nunha situación de risco de desaparición.
Fonte: El Periódico de Aragón
Boletín
Subscríbase ao boletín