Aragón

Segundo un estudo, apenas un 4,2% da poboación de Aragón fala catalán e un 1,9%, aragonés

O estudo, realizado por investigadores da Universidade de Zaragoza, a Autónoma de Barcelona e a Rovira i Virgili, conclúe que en Aragón falan catalán 55 513 persoas (4,2% da poboación) e aragonés, 25 556 (1,9%).

Fonte: El Nacional

Aragón

Preséntase a ‘Gramática Básica de l’Aragonés’

A Gramática Básica de l'Aragonés, elaborada polo Estudo de Filoloxía Aragonesa (EFA), constitúe unha obra de referencia e un valioso traballo sobre esta lingua.

Fonte: AraInfo

Aragón

A web do Concello de Huesca xa conta con versión en aragonés

Xa está dispoñible a versión en aragonés da páxina web municipal do Concello de Huesca, que nun principio só terá nesta lingua unha parte dos contidos, mentres que o resto irá actualizándose progresivamente.

Fonte: NoticiasPress

Aragón

Convócase un premio que recoñece o labor de difusión do catalán de Aragón

O Premio Desideri Lombarte recoñece un labor continuo e destacado de defensa do catalán de Aragón, en calquera ámbito, xa sexa social, cultural, deportivo, artístico ou económico.

Fonte: El Periódico

Aragón

Aragón crea a súa propia Academia da Lingua para regular o aragonés e o catalán

A creación desta Academia da Lingua ten como obxectivo que se converta no organismo de regulación lingüística para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o aragonés e o catalán.

Fonte: Finanzas

Aragón

Reclaman maior recoñecemento para as linguas minoritarias de Aragón

O director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón reclamou no Senado un maior recoñecemento para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o catalán e o aragonés.

Fonte: Heraldo

Aragón

Segundo un estudo, o actual modelo educativo pon en risco a supervivencia do aragonés

Este estudo, realizado pola Universidade de Zaragoza, conclúe que o sistema educativo supón un perigo para a supervivencia do aragonés polas limitacións que lle impón a esta lingua.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Aragón renova o seu convenio coa Generalitat de Cataluña para impulsar o ensino do catalán nos centros educativos

O Goberno de Aragón renovou o seu convenio coa Generalitat para fomentar o ensino do catalán en centros de ensino públicos das comarcas orientais que limitan con Cataluña.

Fonte: ABC

Aragón

O aragonés converterase nunha nova materia de lingua no Bacharelato

O Goberno de Aragón aprobou o novo plan de estudos para o Bacharelato que inclúe a incorporación da materia de lingua aragonesa para o alumnado do norte da rexión.

Fonte: ABC

Aragón

Case un centenar de centros educativos ofrecerán o vindeiro curso catalán ou aragonés

O Goberno de Aragón deu a coñecer a listaxe de centros educativos que impartirán ensinanzas nas linguas da comunidade: aragonés e catalán.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder