Aragón

O Concello de Zaragoza lanza unha convocatoria de premios en versión trilingüe castelán, aragonés e catalán

O Concello de Zaragoza convocou uns premios educativos de forma trilingüe: en castelán, en catalán e en aragonés.

Fonte: Finanzas

Aragón

A nova Lei de linguas de Aragón recoñecerá a realidade lingüística da comunidade

Desde o departamento de Educación, Cultura e Deporte indican que se tentará que a nova lei sexa unha norma de consenso.

Fonte: Diario de Teruel

Aragón

O Concello oscense de Arguis solicita ser declarado zona de utilización histórica predominante do aragonés

O Pleno Municipal de Arguis aprobou demandarlle ao Goberno de Aragón a declaración como zona de utilización histórica predominante da lingua aragonesa.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Goberno de Aragón crea un premio para fomentar o catalán

O premio outorgarase cada dous anos a pesar de que o catalán, polo momento, non está recoñecido como lingua propia da Comunidade.

Fonte: ABC

Aragón

Comeza unha campaña de fomento do aragonés na vida cotiá na comarca do Alto Gállego

Presentouse na comarca do Alto Gállego unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso do aragonés na vida cotiá en ámbitos como o comercio, a hostalería e os centros educativos.

Fonte: Noticias Huesca

Aragón

A localidade de Fonz acolle unha fin de semana de inmersión lingüística en aragonés

Esta experiencia de inmersión lingüística forma parte da V Trobada Vivir en Aragonés, unha iniciativa que prevé a realización de diferentes actividades cultuais e de lecer que teñen como obxectivo concienciar sobre a preservación da lingua aragonesa.

Fonte: Heraldo

Aragón

Créase unha oficina lingüística no Concello de Huesca para fomentar e difundir o uso do aragonés

O Consistorio aragonés gastará 21 000 euros ao ano na promoción do aragonés e a tradución de textos a este idioma.

Fonte: ABC

Aragón

A lei de patrimonio de Aragón conservará as denominacións de catalán e aragonés

O pleno das Cortes aragonesas rexeitou reformar a lei de patrimonio para eliminar as denominacións de "aragonés" e "catalán de Aragón".

Fonte: Heraldo

Aragón

Celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas en Aragón

En Aragón celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta celebración adoptouse en 2014 no Consello de Ministros e dende entón ten lugar todos os anos o 14 de xuño. A Agrupación de Persoas Xordas de Zaragoza e Aragón organizou diversas actividades con motivo da conmemoración.

Fonte: Discapnet

Aragón

A primeira ópera en aragonés, “Martina”, estrearase no Teatro Salamero de Graus

Esta ópera comezouse a escribir en 2010 partindo dun relato da escritora Elena Chazal. A música está composta por Aurelio Bardaxí e o grupo de canto da escola municipal de música de Graus será o encargado da súa representación.

Fonte: AraInfo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder