Aragón

O Goberno de Aragón contará por primeira vez cunha dirección xeral de Política Lingüística

O novo Goberno aragonés creou, por primeira vez, unha dirección xeral de Política Lingüística para defender a diversidade lingüística de Aragón (español, aragonés e catalán).

Fonte: El Mundo

Aragón

O Executivo aragonés derrogará a lei de linguas aprobada polo anterior goberno da comunidade

A lei de linguas do anterior goberno resultara moi polémica, entre outras cuestións, pola denominación aplicada ao catalán da franxa e ao aragonés: Lingua Aragonesa Propia da Área Oriental (Lapao) e Lingua Aragonesa Propia das áreas Pirenaica e Prepirenaica (Lapapyp), respectivamente.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Varias entidades solicitan a adaptación dun modelo común de lingua aragonesa

Son varias as asociacións que asinaron un manifesto para reclamarlle ao Goberno de Aragón un modelo común de lingua aragonesa e unha autoridade lingüística para a formación dun idioma gráfico "baseado na etimoloxía" e que reforce "as variedades referenciais".

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Un programa piloto converterá o aragonés en lingua vehicular nalgúns centros públicos

O Goberno de Aragón vai impulsar a posta en marcha dun programa piloto para que o aragonés se converta en lingua vehicular nalgúns colexios e institutos públicos da comunidade autónoma.

Fonte: ABC

Aragón

A modificación da lei de patrimonio de Aragón recoñecerá as linguas aragonesa e catalá

Os cambios nesta lei afectarán á denominación do catalán e o aragonés, que xa non se chamarán Lapao e Lapapyp, como acordara o anterior Goberno de Aragón.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A modificación da Lei do patrimonio cultural recoñecerá o catalán e o aragonés como linguas propias de Aragón

Catalán e aragonés figurarán como linguas propias de Aragón tras a modificación da Lei do patrimonio cultural aragonés.

Fonte: Diario de Teruel

Aragón

Un estudo sociolingüístico permitirá coñecer o alcance do uso do catalán en Aragón

Un estudo e varias publicacións do departamento de Cultura de Cataluña e o Campus Iberus permitirán coñecer cal é a situación do catalán e o seu uso social na zona oriental de Aragón.

Fonte: Diario de Teruel

Aragón

Lanzan un novo tradutor automático entre as linguas que se falan en Aragón

A organización sen ánimo de lucro Softaragonés é a creadora deste novo tradutor en liña para as linguas que se falan en Aragón, isto é, catalán, aragonés e castelán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Aragón

O Goberno de Aragón inicia o proceso para procurar unha grafía común e oficial para normalizar o uso do aragonés

O Goberno de Aragón iniciou un proceso de procura dunha grafía común e oficial co obxectivo de superar a dispersión que supón o uso de distintas grafías.

Fonte: AraInfo

Aragón

O Concello de Zaragoza lanza unha convocatoria de premios en versión trilingüe castelán, aragonés e catalán

O Concello de Zaragoza convocou uns premios educativos de forma trilingüe: en castelán, en catalán e en aragonés.

Fonte: Finanzas

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder