Aragón
O idioma aragonés ten moi pouca presenza en Twitter
O idioma aragonés está presente en Twitter, aínda que reducido a unha mínima expresión. Polo menos así o amosa un documento realizado por un programador especialista en mapas, Erik Fisher. Estes datos contrastan coa saúde do aragonés en plataformas como Wikipedia.
Fonte: Heraldo
O PSOE esixe intérpretes para xordos nos institutos de Aragón
O Grupo Parlamentario Socialista preguntou ao Goberno aragonés cando pensa renovar o convenio para que os alumnos xordos de diferentes institutos de Aragón conten con intérpretes de lingua de signos.
Fonte: ABC
A plataforma aragonesa Non Falamos Catalán manifestarase para protestar contra a Lei de linguas
A plataforma aragonesa Non Falamos Catalán manifestarase en Zaragoza para esixir a supresión de calquera referencia ao catalán na Lei de linguas de Aragón, así como para a renovación do Consello Superior de Linguas de Aragón.
Fonte: La Voz Libre
A reposición de madrugada de ‘Aragón Noticias 2’ estará agora adaptada á lingua de signos
Aragón TV comezou a repor nas madrugadas de luns a venres (2.20 h) a segunda edición de ‘Aragón noticias’, adaptado ás persoas xordas a través da inclusión dun intérprete de lingua de signos española.
Fonte: Fórmula TV
O Consello de Linguas de Aragón convida a divulgar o aragonés e o catalán
O Consello Superior de Linguas de Aragón reivindicou a riqueza lingüística da comunidade autónoma e animou a defender e divulgar o aragonés e o catalán, que son linguas maternas de 90 000 falantes na rexión.
Fonte: El Periódico de Aragón
Cada vez menos escolas imparten aragonés
O curso pasado, no Alto Aragón, tan só cinco profesores impartían esta materia voluntaria en 20 centros, principalmente de primaria.
Fonte: Radio Huesca
Asociacións da Franxa piden políticas en Aragón que preserven o catalán
As asociacións culturais da Franxa reclaman que se recoñezan a lingua catalá e a lingua aragonesa na lexislación autonómica e que se aseguren as medidas necesarias para a súa conservación nas comarcas onde é lingua histórica.
Fonte: ABC
O partido político aragonés CHA defenderá no Parlamento Europeo as linguas minoritarias de Aragón
O presidente da CHA (Chunta Aragonesista) defenderá en Estrasburgo as linguas minoritarias de Aragón, especialmente o aragonés, ante o “incumprimento” dos últimos gobernos autonómicos da Lei de linguas, do Estatuto de Autonomía e dos tratados internacionais.
Fonte: Diario Vasco
O borrador da nova lei de linguas de Aragón “pon énfase na protección”
A conselleira de Educación, Universidade, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, Dolores Serrat, manifestou que o borrador do anteproxecto de Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón, ou lei de linguas, suprime “o carácter impositivo” da anterior e “pon énfase” na promoción, protección e conservación destas.
Fonte: 20 minutos
Asociacións da Franxa de Aragón esixen o recoñecemento do catalán nesta comunidade
Iniciativa Cultural da Franxa, organización que reúne o conxunto de asociacións culturais das comarcas aragonesas nas que se fala catalán, criticou que o borrador da nova lei de linguas de Aragón non recoñeza “o dereito dos catalanfalantes” e rexeitaron que a denominación de “aragonés de uso predominante na área oriental” substitúa a de lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín