Aragón
Apróbanse os estatutos da Academia da Lingua Aragonesa e a Academia Aragonesa do Catalán
O Consello de Goberno aprobou o decreto polo que se aproban os estatutos da Academia da Lingua Aragonesa e a Academia Aragonesa do Catalán.
Fonte: Diario Siglo XXI
As xornadas “Linguas do Pireneo” chegan á súa decima edición en Graus
Graus volverá acoller, entre o xoves día 14 e o domingo 17 de abril, as Xornadas de Linguas do Pireneo, que acadan este ano a súa décima edición.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Once concellos aragoneses acudirán ao Tribunal Constitucional se se desenvolve a Lei de linguas
Once concellos aragoneses advertiron que acudirán ao Tribunal Constitucional (TC) se o Goberno de Aragón chega a desenvolver a Lei de linguas, é dicir, se adopta decisións ao amparo deste texto que se aprobou a finais de 2009 e que declara o catalán “lingua propia" de Aragón.
Fonte: ABC
Varias asociacións aragonesas piden a derrogación inmediata da Lei de linguas
A Federación de Asociacións Culturais de Aragón Oriental (FACAO) únese á demanda da Plataforma Aragonesa “Non Falamos Catalán” para solicitar a “inmediata” modificación da Lei de patrimonio para substituír a referencia á lingua catalá pola lingua aragonesa e as súas modalidades.
Fonte: Europa Press
O campus de Huesca impartirá o primeiro título universitario de lingua aragonesa
Os profesores José Domingo Dueñas e Francho Nagore presentan na Facultade de Ciencias Humanas e da Educación, un novo título de posgrao da Universidade de Zaragoza. Trátase do Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, que se impartirá no campus de Huesca.
Fonte: Radio Huesca
Nace Arredol, o primeiro diario dixital xeneralista en lingua aragonesa
Gran salto da lingua aragonesa ao mundo dixital. Proximamente, o idioma propio de Aragón contará co seu primeiro diario dixital, Arredol, grazas a un núcleo de impulsores que soubo tecer unha rede de colaboradores.
Fonte: Món Divers
A Universidade de Zaragoza impartirá por primeira vez na historia Filoloxía Aragonesa
A Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca superou a decena de alumnos para a posta en marcha, por primeira vez na Universidade de Zaragoza, do Diploma de Especialización en Lingua Aragonesa, polo que pasará a impartirse este curso 2011-2012.
Fonte: Heraldo
O Goberno de Aragón suprime un plan escolar de catalán que apenas tiña custo
Máis de 15 000 alumnos aragoneses quedarán este ano sen o plan de animación cultural en catalán Jesús Moncada despois de que o Goberno de Aragón decidira suprimilo.
Fonte: El Periódico de Aragón
Recóllense sinaturas para que as linguas da zona oriental de Aragón sexan consideradas Ben de Interese Cultural
A plataforma aragonesa “Non Falamos Catalán” iniciou unha recollida de sinaturas para que as modalidades lingüísticas da zona oriental de Aragón sexan declaradas Ben de Interese Cultural da comunidade na súa acepción de bens culturais inmateriais.
Fonte: Aragón Liberal
As persoas xordas de Aragón disporán de intérprete de lingua de signos as 24 horas en fins de semana e festivos
As persoas xordas de Aragón disporán de intérprete de lingua de signos española as 24 horas durante as fins de semana e os festivos. A asociación Aragón Accesible reanuda así o Móbil de Urxencias de Intérpretes que tivo que suspenderse en 2009 polos recortes económicos.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín