Aragón

O arquivo de Aragón reúne 1700 rexistros sonoros en lingua aragonesa e catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón incorporou 900 rexistros sonoros e vídeos das localidades nas que se fala lingua aragonesa ou catalá á súa páxina web. Deste xeito, este arquivo de tradición oral chega xa aos 1700 documentos.

Fonte: Heraldo

Aragón

Preséntase un libro que recolle o refraneiro de Aragón en lingua aragonesa

O autor Chusé Antón Santamaría escribiu un libro titulado Sapienza en purnas, que recolle, en lingua aragonesa e castelá, o refraneiro do saber popular de Aragón relacionado co paso do tempo.

Fonte: Heraldo

Aragón

Solicitan que a páxina web do Arquivo da Coroa de Aragón incorpore a lingua aragonesa

A través dun comunicado, a Chunta Aragonesista asegurou que a nova páxina web do Arquivo da Coroa de Aragón pode consultarse en castelán, catalán, inglés, portugués, italiano e francés. Neste mesmo escrito pregúntaselle ao Goberno de Aragón se está previsto desenvolver as "actuacións necesarias" para incluír unha tradución en aragonés.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

O Concello de Huesca e a Comarca de la Hoya presentan uns calendarios para fomentar a lingua aragonesa

O Concello de Huesca e a Comarca de la Hoya elaboraron uns calendarios en aragonés para o ano 2018, cos que buscan dar visibilidade á lingua aragonesa, á cultura e á historia, así como poñer en valor a contorna da cidade, da comarca e da comunidade.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

Preséntase a primeira curtametraxe de debuxos animados en lingua aragonesa

A primeira curtametraxe de debuxos animados en lingua aragonesa "Lo Gorroi" ("O gorro vermello"), impulsada polo Goberno de Aragón xunto coa Escola de Arte de Zaragoza, foi presentada nos cines Aragonia nunha sala chea de persoas asistentes.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Convócase un premio ao mellor audiovisual en lingua aragonesa

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Aragón e a Comarca de Sobrarbe convocaron o "Premio Espiello Agora x l`aragonés" para promover o patrimonio lingüístico aragonés. O galardón recoñecerá o mellor audiovisual en lingua aragonesa do ano 2017, que obterá 900 euros e un trofeo.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

O 21 de febreiro de 2018 Aragón celebra o Día da Lingua Materna

Aragón celebra o 21 de febreiro a xornada Día da Lingua Materna, a través da que darlle visibilidade á lingua aragonesa e promover a diversidade cultural. Realizaranse unhas 120 actividades en 63 localidades aragonesas, con accións como teatro infantil, conferencias, concertos, xornadas de poesía e moitas máis.

Fonte: AraInfo

Aragón

O aragonés estúdase como materia nuns 30 centros do Alto Aragón

Nuns 30 colexios do Alto Aragón imparten a lingua aragonesa, nas súas diferentes variantes locais, como materia. Dependendo do centro, o aragonés é utilizado como lingua vehicular nas materias curriculares, se ben noutros ofértase como optativa.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

Ponse en marcha unha nova edición do Curso de Iniciación á Lingua Aragonesa e á súa Cultura en Zaragoza

Ante o éxito da primeira edición, que contara coa participación de máis de 250 participantes, o Concello de Zaragoza pon en marcha unha nova edición do Curso de Iniciación á Lingua Aragonesa, o cal está dirixido aos maiores de 14 anos que queiran aprender máis sobre aspectos sociais, históricos, artísticos e lingüísticos.

Fonte: Heraldo

Aragón

Búscase promover o aragonés través de actividades culturais, conferencias e axudas á investigación

O Goberno de Aragón busca a colaboración das entidades locais a través de protocolos cos que pór en marcha actuacións que conduzan á normalización da lingua aragonesa. A organización de seminarios ou a concesión de axudas para a investigación son algunhas das accións propostas.

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder