Asturias
Un concello de Asturias celebra un concurso gastronómico con carteis redactados integramente en asturiano
O concello de San Martín do Rei Aurelio vai celebrar a cuarta edición do seu concurso de tortillas, no que todos os carteis e papeis publicitarios están redactados en asturiano.
Fonte: Asturnews
Máis de cen persoas asinan un manifesto a favor da oficialidade do asturiano
Máis de cen persoas de todos os ámbitos da sociedade subscribiron un manifesto para reivindicar a oficialidade do asturiano, especialmente de cara ás próximas eleccións.
Fonte: El Comercio
Convocan o primeiro concurso de micropoemas en asturiano en Twitter
Iniciativa polo Asturiano convocou o primeiro concurso de micropoemas escritos en asturiano en Twitter co obxectivo de promover esta lingua e celebrar o Día Internacional da Poesía.
Fonte: El Día
Os sindicatos educativos de Asturias rexeitan o novo currículo de ESO e Bacharelato por prexudicar o asturiano
Os sindicatos educativos de Asturias expresaron o seu rexeitamento ao novo currículo de ESO e Bacharelato porque consideran que despreza a lingua asturiana, para a que tamén piden a oficialidade.
Fonte: Infoasturies
Xixón acollerá unha actividade infantil en asturiano para reivindicar o traxe e o baile tradicionais
O acto, dirixido aos nenos, busca achegalos á cultura tradicional asturiana, en concreto o traxe e o baile, e para iso contará co asturiano como vía de comunicación.
Fonte: 20 minutos
Denuncian a falta de continuidade coas políticas toponímicas en Asturias
A asociación Iniciativa polo Asturiano denuncia a falta de continuidade en Asturias coas políticas toponímicas. No seu último editorial, expresan a súa conformidade cos esforzos por normalizar os topónimos na comunidade, pero lamentan que nin o Goberno, os colexios ou os medios de comunicación as apliquen e utilicen os topónimos normalizados.
Fonte: Infoasturies
Denuncian o recorte das horas lectivas en asturiano en Bacharelato
A asociación Iniciativa polo Asturiano denunciou o recorte de ata un 75 % nas horas lectivas de asturiano en Bacharelato no novo plan de estudos enviado aos institutos desde a Consellería de Educación.
Fonte: Infoasturies
Publican a primeira tradución ao asturiano da obra O Quixote
A editorial Laria acaba de publicar a primeira tradución ao asturiano de O Quixote, que pasa a engrosar a lista de traducións ás linguas da península, da que xa forman parte as versións en catalán, galego e éuscaro.
Fonte: El Periódico
Unha curtametraxe en asturiano recibe un premio no festival de cine rural de Saldaña
A curtametraxe“"A fiya del sastre", que está rodado en asturiano, recibiu un premio no festival de curtas Cine Rural de Saldaña, en Palencia.
Fonte: Asturnews
Máis de 17 000 alumnos de Primaria escollen a materia de lingua asturiana
O estudo da lingua asturiana nos centros educativos de Primaria conta actualmente con 17 000 alumnos, é dicir, un 53 % do total, unha cifra moi superior ao 15,43 % en Secundaria ou o 3,58 % en Bacharelato.
Fonte: Te Interesa
Boletín
Subscríbase ao boletín