Asturias
Os Orzamentos Xerais do Estado non inclúen partida ningunha para a Academia da Lingua Asturiana
Iniciativa polo Asturiano volveu solicitarlle ao Congreso dos Deputados que presenten unha emenda a estes orzamentos para que se lle asigne unha partida á Academia da Lingua Asturiana.
Fonte: El Comercio
Preséntase un plan municipal de normalización da lingua asturiana para o Concello de Xixón
O voceiro municipal de Xixón si Pode presentou o Plan estratéxico de uso da lingua asturiana que se debaterá no próximo pleno.
Fonte: ABC
O Parlamento de Asturias pon en marcha unha comisión de protección da lingua asturiana
A Xunta de Voceiros aprobou, a proposta de IU, a creación para esta lexislatura dunha comisión especial para a promoción, protección e normalización da lingua asturiana
Fonte: El Comercio
Un total de vinte centros educativos do Principado de Asturias carece de mestre de lingua asturiana
Segundo os datos do sindicato educativo Suatea, un ano máis existen centros de ensino que non contan con mestre de lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
O Concello asturiano de Llanera contará cun servizo de normalización lingüística
A nova corporación municipal de Llanera decidiu poñer en marcha un servizo de normalización lingüística no Concello.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Avilés celebra vodas civís en asturiano
Xa é posible casar en asturiano en Avilés. Deste xeito, o Concello segue a avanzar cara á normalización lingüística na institución.
Fonte: Asturies.com
O Pleno do Concello de Xixón rexeita a oficialidade da lingua asturiana
O Pleno do Concello de Xixón rexeitou o apoio á oficialidade do asturiano, ao conseguir esta iniciativa 11 votos en contra, 8 a favor e 8 abstencións.
Fonte: Asturies.com
O Goberno de Asturias promoverá o uso da lingua asturiana nos medios de comunicación
A promoción da lingua asturiana farase en todos os medios de comunicación, tanto públicos coma privados, con especial atención á programación da radiotelevisión pública.
Fonte: El Digital de Asturias
Increméntanse as subvencións á produción editorial en lingua asturiana
As subvencións á produción editorial en asturiano aumentaron en 8500 euros, mentres que descenderon as destinadas a medios e a discográficas.
Fonte: Asturies.com
Piden a renovación do Consello da Radiotelevisión do Principado de Asturias polo incumprimento da lexislación lingüística
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana solicita que se renove o actual Consello de Administración desta empresa pública por non cumprir a lexislación lingüística vixente.
Fonte: El Digital de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín