Asturias
Piden que as películas de Astérix que emite a Televisión do Principado de Asturias se dobren ao asturiano
Esta petición realizouna a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana que pretende con esta iniciativa visibilizar este idioma entre os máis pequenos.
Fonte: 20minutos
O Goberno de Asturias incrementará o orzamento para a promoción da lingua asturiana o vindeiro ano
A Consellería de Educación do Principado destinará máis fondos á Academia da Lingua Asturiana, a campañas de fomento do uso do asturiano, á actualización da política de subvencións ou a un plan para mellorar a Lei de uso e promoción da lingua, entre outros temas.
Fonte: La Nueva España
Solicitan a creación dunha dirección de planificación lingüística na Radiotelevisión do Principado de Asturias
A creación desta dirección de planificación lingüística considérase indispensable para garantir a posta en marcha de medidas nos medios de comunicación públicos incluídas no Plan de dignificación da lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
O orzamento destinado ao asturiano aumenta un 1,2 %
O orzamento dedicado ao asturiano pasa de 1 552 684 € en 2015 a 1 570 664 € e as accións propostas para poñer en marcha son as mesmas que o ano pasado.
Fonte: Asturies.com
O Goberno de Asturias e o Concello de Oviedo reúnense para acordar medidas de impulso do asturiano
O Concello de Oviedo e a Consellería de Educación acordaron impulsar a lingua asturiana. Entre outros temas, analizouse a posibilidade de crear un servizo de normalización lingüística municipal.
Fonte: El Comercio
Critican o orzamento autonómico dedicado ao asturiano por consideralo insuficiente
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana mostrou a súa decepción cos orzamentos autonómicos dedicados á política lingüística, un orzamento que supón o 0,04 % do total.
Fonte: El Comercio
Varias entidades deportivas apoian unha campaña de fomento do asturiano
Varias entidades deportivas apoian a campaña impulsada desde o Goberno do Principado cuxo lema é «col asturianu, xugamos nel mesmu equipu» (co asturiano, xogamos no mesmo equipo).
Fonte: El Comercio
A Radio do Principado de Asturias retransmitirá en asturiano os partidos de fútbol
A radio pública autonómica emitirá en asturiano os encontros Real Oviedo-Almería e Sporting B-Burgos.
Fonte: El Comercio
Dez grupos musicais organizan un concerto de Nadal en asturiano para achegar esta lingua aos máis pequenos
O concerto celebrarase no salón de actos do colexio Jovellanos e con el preténdese acercar a lingua asturiana ao público infantil a través da música.
Fonte: La Nueva España
O Principado de Asturias promove a creación da especialidade docente de Lingua Asturiana e Literatura
O conselleiro de Educación e Cultura de Asturias forza a creación dunha comisión de traballo para redactar un decreto autonómico que recoñeza a especialidade docente de Lingua Asturiana e Literatura.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín