Asturias

Anúnciase a creación do Premio de Teatro Profesional en Asturiano

O conselleiro de Educación e Cultura do Principado anunciou que se está a traballar na convocatoria do Premio de Teatro Profesional en Asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Solicitan que en toda a cartelería do Concello de Avilés se utilice o asturiano

A agrupación Somos Avilés solicitoulle ao Goberno municipal que todos os elementos de comunicación do concello estean en asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Un 22% do alumnado de Avilés estuda asturiano

Un total de 1790 estudantes da comarca de Avilés estuda lingua asturiana, o que supón un 22% do total, unha porcentaxe catro puntos inferior á media de Asturias, que supera lixeiramente o 26%.

Fonte: El Comercio

Asturias

Nace un boletín informativo sobre o asturiano no ámbito educativo

A Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización acaba de iniciar a publicación dun boletín informativo mensual que abordará o tema do ensino do asturiano.

Fonte: 20minutos

Asturias

O Concello de Avilés inicia un proxecto para acercar o asturiano ás nenas e nenos menores de 3 anos

Trátase dun proxecto piloto para acercar a lingua asturiana, mediante sesións de "bebecontos", a algunhas escolas de Educación Infantil da cidade.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A televisión pública de Asturias contará cun espazo infantil en lingua asturiana

Este espazo infantil en lingua asturiana, que leva por título Fálame, responde a unha demanda dos colectivos que defenden este idioma, por considerar que este tipo de programación resulta fundamental para a súa normalización.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O vindeiro curso porase en marcha un plan piloto para o uso do asturiano como lingua vehicular nalgunhas materias

Este proxecto piloto, impulsado pola Consellería de Educación e Cultura, porase en marcha nos centros de Primaria que teñan unha matriculación en asturiano próxima ao 100%.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Solicitan que o Premio Café Gijón permita a presentación de obras escritas en asturiano

Xixón Sí Puede (XsP) pide que se modifiquen as bases deste premio co obxectivo de que sexa posible presentar obras escritas en asturiano ou crear unha categoría para obras nesta lingua.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Unha aplicación bilingüe castelán-asturiano ofrece información turística sobre o municipio de Bimenes

Esta aplicación, que se pode consultar en castelán e en asturiano, ofrece información turística sobre Bimenes (restaurantes, castas rurais, lugares de interese, produtos locais, axenda etc.).

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Televisión do Principado de Asturias estrea un programa en lingua asturiana dirixido ao público infantil

Baixo o título de Fálame, este programa dirixido ao público infantil ten como obxectivo divulgar coñecementos lingüísticos do asturiano ao longo de 26 capítulos de 30 minutos de duración.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder