Asturias
Vaise entregar o premio ao mellor libro en lingua asturiana do 2016
A Tertulia Malory vaille entregar o premio ao mellor libro en lingua asturiana do ano 2016 á obra Lluvia d'agostu, do autor de Xixón Francisco Álvarez.
Fonte: Asturies.com
Xixón acollerá uns cursos de teatro e de introdución ao cómic en lingua asturiana
Iniciativa polo Asturiano vai desenvolver uns cursos de teatro e introdución ao cómic en lingua asturiana, que terán lugar en Xixón durante o outono de 2017.
Fonte: Asturies.com
Unhas xornadas analizarán a situación sociolingüística do asturiano
Estas xornadas, que se celebrarán do 13 ao 15 de novembro, contarán coa participación de entidades doutras comunidades autónomas co obxectivo de coñecer as súas experiencias no ámbito da normalización lingüística.
Fonte: La Nueva España
Solicitan que o mandato-marco da RTPA recolla a misión do ente de contribuír á normalización do asturiano
A organización Iniciativa pol Asturianu pide que o mandato-marco da Radiotelevisión do Principado (RTPA) recoñeza que unha das súas misións é a de contribuír á normalización social do asturiano.
Fonte: La Vanguardia
A comisión do asturiano establece a oficialidade como única vía para a supervivencia da lingua
A presidenta da Comisión Especial de Estudo sobre o Réxime de Protección e Promoción do Asturiano, Concha Masa, presentou un borrador de conclusións no que se recolle que a cooficialidade é a única vía para a supervivencia do asturiano.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Avilés aprobará unha proposición para apoiar a oficialidade da lingua asturiana
Esquerda Unida, Somos Avilés e Gañemos Avilés presentarán no Pleno do Concello unha proposición na que solicitan avanzar ata a oficialidade da lingua asturiana e pídenlle ao Goberno autonómico establecer un diálogo para reformar o Estatuto de Autonomía.
Fonte: Asturies.com
O presidente de Asturias confirma que non haberá oficialidade da lingua asturiana na actual lexislatura
Despois do Debate de Orientación Política, Javier Fernández, o presidente de Asturias, indicou que durante a actual lexislatura non se discutirá sobre a oficialidade da lingua asturiana.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Xixón convoca un premio á Mellor Idea Normalizadora para a lingua asturiana
O Concello de Xixón vén de convocar un novo concurso para conmemorar a figura do xesuíta Fierro Botas. En concreto, trátase do Premio Fierro Botas á Mellor Idea Normalizadora da lingua asturiana, que está destinado a alumnado de ESO e Bacharelato.
Fonte: Asturies.com
Os concellos que solicitaron a oficialidade do asturiano representan máis do 60 % da poboación de Asturias
Tendo en conta os datos de padrón do Instituto Nacional de Estatística, os oito concellos que xa solicitaron a oficialidade da lingua asturiana representan o 62,79 % da poboación total da comunidade. Ademais, está previsto que o número de concellos a favor da lingua siga a aumentar.
Fonte: Asturies.com
A partida destinada ao asturiano da RTPA vai dedicarse integramente á dobraxe
Os 70 000 euros da Radiotelevisión do Principado de Asturias que estaban destinados ao uso da lingua asturiana van dedicarse á dobraxe de longametraxes e programas infantís.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín