Asturias

O Concello de Xixón rexeita que a Xunta pola Defensa da Lingua ofreza un relatorio sobre o Estatuto de Autonomía

O Concello de Xixón publicou unha convocatoria para que asociacións culturais desenvolvesen actividades no festival "Marcu Atlánticu". A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou a súa proposta para ofrecer un relatorio sobre a reforma do Estatuto de Autonomía, que foi rexeitada porque o Concello considerou que tiña un fondo político.

Fonte: El Comercio

Asturias

As linguas minorizadas teñen un papel protagonista no Festival Arcu Atlánticu de Asturias

O occitano, o asturiano, o mirandés, o éuscaro, o bretón e o galego serán protagonistas no VI Festival Arcu Atlánticu, que se celebrará do 25 ao 30 de xullo de 2017, baixo o título "Un mar de linguas".

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana segue buscando apoios para o "Proxecto 2018 pola Oficialidade"

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana contactou con Carmen Moriyón, alcaldesa de Xixón, e Adrián Barbón, candidato á secretaría xeral da Federación Socialista Asturiana e alcalde de Llaviana, para buscar apoios ao "Proxecto 2018 pola Oficialidade", que pretende reformar o Estatuto de Autonomía para recoñecer a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Seis empresas daranlle visibilidade ao asturiano na Feira de Mostras de Asturias

Iniciativa polo Asturiano participará na Feira Internacional de Mostras de Asturias, onde contará cun espazo compartido con empresas que fomentan o uso da lingua asturiana.

Fonte: El Comercio

Asturias

Apoian a solicitude da Academia da Lingua Asturiana para que o asturiano teña maior presenza na televisión pública

Esquerda Unida de Asturias apoiou a solicitude realizada pola Academia da Lingua Asturiana para que o asturiano teña unha maior presenza na Radiotelevisión do Principado.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A lingua asturiana está presente nas actividades de verán de Xixón

O grupo municipal Xixón Si Pode celebra o cumprimento do Plan de normalización do asturiano durante as actividades de verán do Concello, xa que esta lingua está a ter presenza nelas.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Escolas de seis localidades de Asturias poñerán en marcha un plan para que o asturiano sexa lingua vehicular

Escolas de seis localidades de Asturias estrearán no ano escolar 2017-2018 o Plan Piloto experimental de Promoción do Uso do Asturiano, que se poñerá en marcha no cuarto curso de Primaria destes centros educativos.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Preséntase unha campaña pola oficialidade da lingua asturiana

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou a campaña "Proyectu 2018" pola oficialidade do asturiano, que ten como obxectivo conseguir que se reforme o Estatuto de Autonomía para incorporar esta modificación.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O asturiano será a lingua vehicular no "Día de la Reciella"

O ocio e o deporte protagonizarán o V "Día de la Reciella", que contará con máis dunha ducia de actividades co asturiano como lingua vehicular.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Parlamento Europeo acollerá unha xornada para fomentar a lingua asturiana

No primeiro trimestre de 2018 celebrarase, no Parlamento Europeo, unha xornada para tratar a realidade e as necesidades do asturiano. Para Xosé Antón González Riaño, o presidente da Academia da Lingua asturiana, esta celebración supón "un fito máis na visualización e promoción do idioma no contexto europeo".

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder