Asturias
Os iPhone xa dispoñen da opción de configurarse en lingua asturiana
Na última actualización do sistema operativo deste móbil, a compañía Apple incluíu o asturiano como unha das linguas nas que pode configurarse o sistema.
Fonte: El Comercio
A Academia da Lingua Asturiana demanda un espazo informativo en asturiano na RTPA
A organización critica a pouca visibilidade da lingua asturiana na Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA) e pide a elaboración dun informativo en asturiano.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Cangas de Narcea convoca o XIV Concurso de Relatos Curtos en Asturiano
Con este concurso preténdese enriquecer as letras asturianas, así como dignificar a súa lingua.
Fonte: Asturies.com
A lingua asturiana xa é oficial en Noreña
Xa entrou en vigor en Noreña a ordenanza municipal de uso do asturiano despois de cumprir todos os trámites legais e o período de exposición pública durante o cal non se recibiu alegación ningunha.
Fonte: La Nueva España
Demandan que se poidan presentar obras en asturiano ao premio de relatos do Concello de Villaviciosa
Este premio tan só permite presentar obras en lingua castelá, o que supón, segundo constata a organización Iniciativa polo Asturiano, unha discriminación grave para a lingua asturiana e os escritores que a empregan.
Fonte: Villaviciosa Hermosa
Solicitan a tradución ao asturiano de documentos básicos para normalizar esta lingua no ámbito da construción
Un representante da empresa Reteyaores solicitou, durante unha entrega de premios, a tradución de documentos básicos para normalizar o uso do asturiano no sector da construción.
Fonte: Asturies.com
Entréganse os premios dos certames literarios en lingua asturiana
A Consellería de Educación e Cultura entregou na Universidade de Oviedo os cinco premios literarios que teñen como obxectivo consolidar a lingua asturiana como vehículo de expresión literaria.
Fonte: 20minutos
Once grupos que usan o asturiano optan a algún dos premios musicais AMAS
Once grupos que utilizan habitualmente a lingua asturiana figuran entre os 88 finalistas que optan a algún dos premios AMAS aos mellores traballos musicais do ano.
Fonte: La Vanguardia
Xuan Bello gaña o primeiro Premio Nacional de Literatura Asturiana
Xuan Bello resultou gañador da primeira edición deste premio, que concede a Academia da Lingua Asturiana. O xurado destacou, ademais da calidade da súa traxectoria literaria, o seu papel na dignificación da lingua e a literatura asturianas.
Fonte: La Vanguardia
Denuncian a ausencia da toponimia en asturiano nos novos carteis de Renfe en Asturias
Iniciativa pol Asturinau solicítalle a Renfe que os topónimos oficializados en asturiano estean presentes nos carteis que a compañía ferroviaria está a colocar nas estacións do Principado, que só figuran en castelán e inglés.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín