Asturias
O Concello de Bimenes quere implicar a cidadanía na declaración de oficialidade do asturiano
Representantes de diferentes colectivos e formacións políticas participaron nun encontro que tiña por obxectivo implicar a toda a sociedade na declaración de oficialidade do asturiano.
Fonte: Asturies.com
Anulan o Plan de normalización lingüística do Concello asturiano de Carreño
Esta anulación súmase a outras realizadas anteriormente en diferentes concellos asturianos y débese á ausencia de competencias por parte destes para declarar a cooficialidade do asturiano xunto co castelán.
Fonte: Asturies.com
Reivindican a presenza da lingua asturiana na Radiotelevisión do Principado de Asturias
Iniciativa pol Asturianu presentou un informe no que analiza os dez últimos anos do ente público e no que realiza propostas lingüísticas e culturais.
Fonte: El Digital de Asturias
Un informe do Principiado de Asturias afirma que o Plan de normalización lingüística do Concello de Carreño non é ilegal
O informe xurídico elaborado pola Consellería de Educación e Cultura do Principado de Asturias recolle que o Concello ten competencias para desenvolver unha política de promoción da lingua.
Fonte: La Nueva España
Impulsan unha ordenanza municipal en Avilés para fomentar o uso do asturiano
A ordenanza foi aprobada en pleno municipal pola maioría dos partidos políticos do Concello de Avilés.
Fonte: La Voz de Avilés
Villaviciosa porá en marcha as medidas de fomento do asturiano que recolle a ordenanza municipal
A ordenanza municipal de uso e promoción do asturiano de Villaviciosa foi publicada na web do Concello para dala a coñecer e anunciar a súa aplicación e desenvolvemento.
Fonte: En la Villa
Unha manifestación reivindica a oficialidade da lingua asturiana
Arredor de 5000 persoas manifestáronse para pedir a oficialidade do asturiano, unha reivindicación á que este ano se sumaron representantes de oitenta concellos.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Oviedo pon en marcha unha campaña para animar á matriculación na materia de Lingua Asturiana
A I Campaña de matriculación na materia de Lingua Asturiana para o curso 2016/2017 está destinada ao alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato.
Fonte: El Comercio
Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello
O Pleno de Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello. Esta declaración realizarase na Semana da Oficialidade, unha semana de celebracións referentes á lingua asturiana.
Fonte: Asturies
As subvencións a medios de comunicación en asturiano aumentan en 2016
As axudas para medios de comunicación en lingua asturiana aumentan en 10 000 euros, polo que se frea a tendencia de recortes dos últimos anos. O aumento total das axudas é do 5,26 %.
Fonte: Asturies
Boletín
Subscríbase ao boletín