Asturias

Unha campaña promove a literatura en lingua asturiana nos establecementos comerciais de Xixón

A campaña ‘Nel comerciu asturianu yes bienveníu/bienvenida y la lliteratura tamién’ prevé a exposición nos escaparates de 40 comercios de Xixón dunha mostra de obras en asturiano escritas por mulleres.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Presentan unha proposición non de lei para instar o Goberno do Principado a crear a especialidade de asturiano

Podemos Asturies rexistrou unha proposición non de lei para que o Goberno rexional cree, dentro das súas competencias, a especialidade de lingua asturiana en educación primaria e de lingua asturiana e literatura en secundaria.

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Propoñen unha reforma do Estatuto do Principado para que recoñeza a oficialidade do asturiano

Oviedo acolleu unha manifestación, con gallo do Día das Letras Asturianas, convocada pola Xunta pola Defensa da Lingua na que se pedía a oficialidade do asturiano.

Fonte: El Comercio

Asturias

Apróbase a ordenanza do asturiano do Concello de Mieres

A ordenanza do asturiano do Concello de Mieres saíu adiante co voto en contra do PP, que anunciou que vai presentar alegacións.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Case un 43% dos estudantes de Primaria de Xixón estuda a materia de Lingua Asturiana

No vixente curso académico o 42,82% do alumnado xixonés de Primaria estuda Lingua Asturiana, dos cales o 50,94% pertence á escola pública, mentres que na concertada esta porcentaxe baixa ata o 19,09%.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Reclámanlle ao Consello Regulador Sidra de Asturias a utilización da lingua asturiana na campaña ‘Asturiano 100%’

Iniciativa polo Asturiano demándalle ao Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias o emprego da lingua asturiana na súa campaña promocional ‘Asturiano 100%’.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A modificación do currículo en Educación Infantil permitirá que se poida impartir lingua asturiana nesta etapa educativa

O Consello Escolar do Principado de Asturias deu o seu visto e prace á modificación do currículo do segundo ciclo de Educación Infantil para que inclúa a lingua asturiana.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Artistas do ámbito musical de Asturias xúntanse un ano máis para pedir a oficialidade do asturiano

Artistas do eido musical de Asturias reuníronse, por vixésimo noveno ano consecutivo, para reivindicar os dereitos lingüísticos da cidadanía asturiana. En concreto, organizáronse xogos para nenos e nenas, presentouse o cantar de 'Reciella. Families pol Asturianu' e celebrouse o XXIX Concerto pola Oficialidade.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Un 90 % da cidadanía de Asturias quere que se imparta o asturiano nas escolas

Segundo os resultados da terceira enquisa sociolingüística de Asturias, que foron publicados pola Academia da Lingua Asturiana, un 90 % da cidadanía quere que se inclúa o asturiano nos plans de estudo das escolas da Comunidade.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno de Asturias dedica 200 000 euros a axudas para fomentar o asturiano

Publicáronse no Boletín Oficial do Principado de Asturias as convocatorias de subvencións para a normalización do asturiano e do galego-asturiano para medios de comunicación, produción editorial e discográfica. En concreto, a cantidade achegada pola Consellería de Educación e Cultura é de 200 000 euros.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder