Asturias
Solicitan que a Academia da Lingua Asturiana teña presenza no Consello Escolar
O grupo parlamentario de Esquerda Unida presentou unha emenda á lei de modificación do Consello Escolar para que a Academia da Lingua Asturiana teña presenza neste organismo. En concreto, solicítase que seis expertos no eido da educación e da pedagoxía entren no Consello para presentar propostas sobre a implantación do asturiano no sistema educativo.
Fonte: El Comercio
Filólogos asturianos desenvolven o primeiro atlas lingüístico que estuda a fronteira entre dous idiomas
Filólogos de Asturias realizaron importantes modificacións no 'Estudiu da Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturies (ETLEN)', o primeiro atlas lingüístico do mundo que estuda a fronteira entre dous idiomas. En concreto, o estudo pretende analizar o conxunto de linguas do Navia-Eo, que marcan a fronteira entre os dominios do galegoportugués e do asturleonés.
Fonte: Galicia Hoxe
A Academia da Lingua Asturiana denuncia unha campaña en contra da oficialidade do asturiano
O presidente da Academia da Lingua Asturiana denuncia a existencia dunha campaña en contra da oficialidade do asturiano e argumenta que o modelo de oficialidade proposto por esta institución non suporía máis de 20 millóns de euros anuais.
Fonte: La Vanguardia
A Academia da Lingua Asturiana convoca as probas para acreditar o nivel básico de asturiano
A Academia da Lingua Asturiana abriu o prazo para que o profesorado do Principado poida presentarse ás probas de nivel básico de asturiano, que terán lugar o 27 de xaneiro de 2018 en Oviedo.
Fonte: La Nueva España
Organízanse en Avilés obradoiros infantís de hip hop en asturiano
Estes obradoiros de hip hop en asturiano, organizados pola Estaya de la Llingua, están dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 10 anos e son de balde.
Fonte: La Nueva España
Critican o tratamento que a Televisión do Principado de Asturias lles dá aos temas lingüísticos nos seus informativos
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) denuncia o tratamento parcial que se lle dá nos informativos á actualidade sobre temas lingüísticos, aos que acusa de estar ao servizo dos contrarios á normalización do asturiano.
Fonte: Asturies.com
Os mestres titulados en calquera universidade española poderán alcanzar a mención en lingua asturiana
O Secretario Xeral de Universidades anunciou que todos os mestres titulados en calquera universidade española poderán cursar a mención en lingua asturiana nunha universidade distinta a aquela na que lograron o título, algo que só podían facer as persoas que cursaron estudos na Universidade de Oviedo.
Fonte: InfoAsturies
O Concello de Corvera organiza un taller centrado na aprendizaxe do asturiano oral e escrito
O 28 de febreiro de 2018 dá comezo no concello asturiano de Corvera unha nova edición do taller 'Escrifala', que terá como obxectivo a práctica da lingua asturiana oral e escrita. Deste xeito, os asistentes, aos que se lles recomenda dispor dun coñecemento previo da lingua, poderán explorar novas expresións e formas de comunicación.
Fonte: Asturies
Música e teatro conmemorarán o Día da Lingua Materna en Asturias
Con motivo da festividade do Día da Lingua Materna, que a UNESCO celebra cada 21 de febreiro, o Principado de Asturias organizou un completo programa de pezas teatrais clásicas e concertos de música tradicional asturiana.
Fonte: El Comercio
Créase unha iniciativa para transmitirlles a variante lenense da lingua asturiana ás novas xeracións
O colexio infantil El Nial de Pola de Lena puxo en marcha un programa para que os nenos e nenas aprendan a variante lenense do asturiano a través de xogos e actividades. Tamén se prevé que no próximo curso as matrículas e outros documentos administrativos se elaboren tanto en castelán como en asturiano.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín