Asturias

Asturias celebra a Semana das Letras Asturianas

O 4 de maio celebrarase o acto institucional do XXXIX Día das Letras Asturianas no Teatro Campoamor de Oviedo. Así mesmo, ao longo da semana realizaranse outras actividades en prol da lingua asturiana, no marco da celebración Semana das Letras Asturianas.

Fonte: El Comercio

Asturias

Avilés acollerá un ciclo de rutas guiadas en asturiano

A Estaya de la Llingua organiza un período de visitas guiadas en asturiano que terá lugar o venres 18 de maio. O obxectivo será dar a coñecer lugares e contornos naturais da cidade.

Fonte: La Voz de Avilés

Asturias

A Academia da Lingua Asturiana calcula que a oficialidade suporía un 0,5 % do investimento do Principado

Na reunión entre a Academia da Lingua (ALLA) e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE), a ALLA explicou que a oficialidade do asturiano suporía un 0,5% dos presupostos autonómicos e impulsaría as bases dunha nova industria cultural en Asturias.

Fonte: El Comercio

Asturias

A publicación de libros en asturiano continúa en niveis moi baixos

Con respecto á publicación de libros en asturiano, o seu declive continúa, aínda que mellorou no ano 2017, cando se sacaron 40 volumes en asturiano, só son dous máis que o ano anterior, pero menos da metade que no 2011.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A Consellería de Educación convoca uns premios literarios en asturiano para fomentar o uso desta lingua

Os premios literarios en asturiano, que presentan varias categorías (novela, ensaio, literatura infantil ou xuvenil e poesía), contribuirán a enriquecer e consolidar esta lingua no ámbito da literatura.

Fonte: El Digital de Asturias

Asturias

A oficialidade da lingua asturiana recibe o apoio dun 78 % dos votos no Consello da Xuventude

O Consello da Xuventude, que reúne unha trintena de organizacións, celebrou unha asemblea na que se apoiou expresamente a oficialidade do asturiano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Solicitan a oficialidade do galego-asturiano en todo o territorio de Asturias

Un escrito, asinado por máis de 300 persoas, reivindica un trato igualitario para o galego-asturiano e o asturiano, é dicir, que ambas as linguas, xunto co castelán, sexan oficiais en todo o territorio do Principado.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A Academia da Lingua Asturiana anuncia a elaboración dun dicionario do galego-asturiano

Xa está en marcha o proxecto para elaborar un dicionario oficial e normativo do galego-asturiano, unha iniciativa impulsada pola Fundación Parque Histórico do Navia e os municipios da zona occidental de Asturias.

Fonte: Xornal da Mariña

Asturias

Unha campaña anima o estudantado de Asturias a matricularse na materia de Lingua Asturiana e Literatura

O período de matriculación na materia de Lingua Asturiana e Literatura para o curso 2018-2019 xa está aberto e, como todos os anos, púxose en marcha unha campaña, baixo o título #YoApúntome, para informar das súas vantaxes.

Fonte: 20minutos

Asturias

A lingua asturiana xa é unha materia máis no 81% de centros concertados do Principado

Os centros concertados que imparten a materia de Lingua Asturiana e os alumnos que a estudan foron en aumento dunha maneira salientable, e xa supoñen unha porcentaxe do 81% os centros que a ofertan.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder