Asturias
Organízase un seminario para informar dos beneficios de converter o asturiano en lingua oficial
Os días 2 e 3 de marzo de 2018 convocarase na Universidade de Oviedo un seminario organizado pola asociación Iniciativa polo Asturiano para informar a cidadanía das implicacións positivas que tería a inclusión da lingua asturiana na sociedade.
Fonte: El Cofidencial Autonómico
Proponse a impartición da lingua asturiana nos colexios a partir dos 3 anos
Os días 2 e 3 de marzo de 2018 celebrouse un seminario no que a Academia da Lingua Asturiana expuxo diversas propostas a través das que apoiar a oficialidade do asturiano. Entre outras medidas, destacan a inclusión da lingua asturiana nos colexios dende os 3 anos ou a emisión dunha canle de televisión e radio.
Fonte: La Nueva España
Publícase o primeiro tomo do Dicionario Etimolóxico da Lingua Asturiana
O xoves 15 de marzo de 2018 celebrarase a presentación oficial na Universidade de Oviedo do Dicionario Etimolóxico da Lingua Asturiana (DELLA), considerada a obra filolóxica de maior relevancia sobre o asturiano.
Fonte: El Economista
Celébrase un debate para avaliar o marco xeral da Lei de uso e promoción da lingua asturiana
O 19 de marzo de 2018 celebrouse en Oviedo un debate para conmemorar o vixésimo aniversario da aprobación da Lei de uso e promoción do asturiano, do que se concluíu que esta lingua presenta un marco xeral positivo e un modelo propio de oficialidade, pero que aínda precisa avanzar noutros aspectos.
Fonte: La Nueva España
Ábrese o prazo de inscrición para un novo obradoiro de lingua asturiana
O Servizo de Normalización Lingüística da Comarca da Sidra organizará un taller dirixido a todas as persoas que queiran mellorar o seu dominio da lingua asturiana tanto oral coma escrita, independentemente do seu nivel.
Fonte: El Búscolu
Apróbase unha ordenanza municipal en Mieres que permitirá o uso da lingua asturiana nas comunicacións oficiais
O Pleno do concello asturiano de Mieres aprobou a Ordenanza municipal que permitirá usar a lingua asturiana en todas as comunicacións orais e escritas que se fagan entre a Administración e a cidadanía.
Fonte: La Nueva España
Apróbase a proposta para facer oficiais os topónimos en lingua asturiana de Oviedo
O Concello de Oviedo aprobou a proposta de facer oficial a toponimia en asturiano, recoñecendo o nome nesta lingua da cidade, así como as denominacións correspondentes das súas parroquias e rúas.
Fonte: El Comercio
Dez centros escolares súmanse ao plan piloto de uso da lingua asturiana
A Consellería de Educación do Principado de Asturias segue co seu plan piloto de implantar a lingua asturiana no sistema educativo, que se ampliará a dez novos centros. Este proxecto implica que unha das dúas sesións semanais das materias de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Educación Artística ou Educación Física se imparta nesta lingua.
Fonte: La Voz de Asturias
Oviedo acolle o vindeiro 21 de abril unha manifestación en defensa da oficialidade da lingua asturiana
O vindeiro 21 de abril de 2018 celebrarase en Oviedo unha mobilización en defensa da oficialidade da lingua asturiana. A manifestación estará acompañada por dous temas musicais en asturiano creados especialmente para a ocasión.
Fonte: La Nueva España
Celébrase unha xornada para achegarlle á mocidade a lingua asturiana
O 24 de abril celébrase a 15ª edición dos Alcuentros de la Mocedá cola Llingua, unha xornada lúdico-pedagóxica que ten como obxectivo pór en contacto a mocidade coa lingua asturiana, promovendo o seu uso fóra das aulas.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín