Asturias

O Concello asturiano da Veiga recoñece o galego como lingua oficial do municipio

O Concello asturiano da Veiga (Vegadeo) aprobou unha ordenanza que recoñece o dereito dos cidadáns a empregar o galego nas mesmas condicións que o castelán.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Asturias

O Concello de Bimenes celebrará a vixésima festa da Oficialidade da Lingua Asturiana

A realización da festa da Oficialidade da Lingua Asturiana en Bimenes servirá para declarar o asturiano como lingua oficial no concello.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Consello de Europa reclama a oficialidade da lingua asturiana

O cuarto informe do Consello de Europa afirma que o asturiano aínda non é lingua oficial e pídelles ás autoridades que tomen medidas de apoio para este idioma.

Fonte: Asturnews

Asturias

Ponse en marcha un plan destinado á normalización da lingua asturiana no Concello de Carreño

O plan destinado á normalización da lingua asturiana e impulsado desde o Principado foi aprobado polo Pleno de Carreño.

Fonte: El Comercio

Asturias

Preséntase o sexto volume do Atlas Sonoro da Lingua Asturiana

Este sexto volume está dedicado ao galego-asturiano e recolle testemuños de concellos situados na parte occidental do Principado.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Denuncian a falta de impulso ao asturiano da Radiotelevisión do Principado de Asturias

Iniciativa polo Asturiano denuncia a falta de medidas que impulsen o emprego do asturiano na Radiotelevisión do Principado de Asturias.

Fonte: Asturnews

Asturias

Convócase unha manifestación para protestar polo veto ao asturiano na Xunta Xeral do Principado

O vindeiro xoves 25 convócase unha concentración ante a Xunta Xeral do Principado de Asturias para solicitar que se poida usar o asturiano neste órgano como establece a lei.

Fonte: El Digital de Asturias

Asturias

Apróbase por unanimidade o borrador do Plan de normalización lingüística do Concello de Xixón

Os representantes de todos os grupos políticos municipais apoiaron o texto do borrador do Plan de normalización lingüística, cuxa aprobación definitiva está prevista para o 16 de marzo.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Organizan un curso de lingua asturiana para profesionais do sector audiovisual

A Consellería de Educación e Cultura organiza, xunto á Radiotelevisión do Principado de Asturias e a Academia da Lingua Asturiana, un curso de asturiano para profesionais das diferentes ramas do sector audiovisual.

Fonte: El Búscolu

Asturias

O Concello de Oviedo aproba unha serie de medidas para normalizar o uso do asturiano

A Xunta de Goberno do Concello de Oviedo deulle o seu visto e prace a un total de sete medidas destinadas ao fomento da lingua asturiana.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder