Asturias

Asinan novos convenios para normalizar o asturiano nas novas tecnoloxías

A asociación Iniciativa polo Asturiano asinou un convenio coa empresa Appsturias co que se traballará a favor da normalización desta lingua nas novas tecnoloxías.

Fonte: Asturnews

Asturias

Presentan unha moción redactada por primeira vez en asturiano no concello de Avilés

A primeira moción redactada en asturiano no concello de Avilés foi presentada polo grupo Somos Avilés, que informa de que utilizarán esta lingua no futuro para lograr a súa normalización e darlle prestixio.

Fonte: Asturnews

Asturias

O Goberno de Asturias reduce as axudas aos medios de comunicación en asturiano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte reduciu as subvencións a empresas informativas para a normalización do asturiano un 37 %.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A presidenta da Academia da Lingua Asturiana reclama a cooficialidade do asturiano

A presidenta da Academia da Lingua Asturiana, Ana Cano, reclamou en Cangas del Narcea que o Estatuto de Autonomía recolla a cooficialidade do asturiano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno de Asturias solicita que se cree a especialidade de Lingua Asturiana

O conselleiro de Educación e Cultura de Asturias reuniuse co ministro de Educación e solicitoulle a creación dunha especialidade de Lingua Asturiana.

Fonte: El Diario

Asturias

A política lingüística de Asturias manterá o rango de dirección xeral na estrutura do novo goberno

A novidade é que a política lingüística pasará a depender directamente da Consellería de Educación e non como ata agora da Viceconsellería.

Fonte: ABC

Asturias

Critican a ausencia do asturiano no pavillón de Asturias do Recinto Feiral Luis Adaro de Xixón

A caseta do Goberno dedicada aos embarcadoiros de Asturias non respectaba a toponimia oficial en asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Piden que se aproveite o Día de Asturias para darlle maior visibilidade á lingua asturiana

Co gallo da celebración do Día de Asturias, o vindeiro 8 de setembro, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) pide que se aproveite esta data para mostrar a nova política lingüística do Executivo autonómico.

Fonte: Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana

Asturias

Ponse en marcha un proxecto para reforzar o número de cursos de asturiano destinados ás persoas adultas

A organización Iniciativa polo Asturiano é a responsable deste proxecto co que tamén se pretende organizar cursos doutras materias co asturiano como lingua vehicular.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Solicítanlles ás novas televisións locais que emitan programación en lingua asturiana

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) envioulles unha carta ás novas televisións locais para explicarlles o éxito que a programación en asturiano está a ter noutras canles, entre elas a televisión pública do Principado.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder