Asturias

O Consello Escolar do Estado aproba a especialidade docente de Lingua Asturiana

O Consello Escolar do Estado –no que está representada toda a comunidade educativa (profesores, pais e nais do alumnado)- aprobou a creación da especialidade docente de Lingua Asturiana, unha histórica reivindicación na comunidade autónoma, especialmente do movemento asturianista.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Concello asturiano de Castrillón ten xa servizo de normalización do asturiano

O Concello de Castrillón acaba de pór en funcionamento o Servizo de Normalización Lingüística, un servizo público a disposición de toda a cidadanía que ten por obxecto promover e facilitar o uso do asturiano na institución municipal e entre os veciños do municipio.

Fonte: Asturnews

Asturias

Solicitan a posta en marcha dun servizo asturiano de dobraxe, coordinado entre RTPA e Política Lingüística

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana acaba de anunciar que enviará á RTPA e á Oficina de Política Lingüística do Principado un decálogo que axude a unificar criterios a todas as partes implicadas no proceso de dobraxe, ademais de aos grupos políticos. Despois da emisión de dúas longametraxes e dunha serie infantil dobrada ao asturiano na Televisión do Principado de Asturias, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana quere iniciar o proceso a través da publicación do documento Decálogo sobre a dobraxe asturiana.

Fonte: Asturnews

Asturias

A materia de lingua asturiana fracasa na educación concertada

Ou Lingua ou Cultura Asturiana. Son as opcións que o Principado deu a escoller como materias de libre configuración autonómica aos nenos de primeiro, terceiro e quinto de Primaria no estreo da LOMCE. A principios de curso, os pais do ensino público e concertado xa afirmaron que non eran partidarios desta división e agora, despois dun mes do inicio das clases, púidose comprobar que polo menos nos colexios concertados de Xixón só unha minoría escolleu a lingua.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Concello de Cangas del Narcea convoca un concurso de contos curtos en asturiano para adultos

O concurso premia as mellores obras escritas en asturiano que cumpran os requisitos de ter un mínimo de cinco follas ata un máximo de 20. Ademais, todas as obras deben ser orixinais e anónimas.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Un galego resulta premiado por un ensaio en asturiano sobre linguas minoritarias

Damián Barreiro Maceiras, xornalista da Estrada, de nai asturiana e pai galego, acaba de gañar o Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio pola súa obra Caleya Sésamu: el papel de la televisión na tresmisión interxeneracional da llingua, que presentou baixo o pseudónimo Son Goku.

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

A Xunta Xeral pide que se recoñeza a especialidade da lingua asturiana nos colexios

A Xunta Xeral aprobou en sesión plenaria unha moción de Esquerda Unida que lle pide ao Principado que negocie co Goberno central “con todos os medios ao seu alcance” para que se inclúan nos decretos de primaria e secundaria a especialidade do asturiano “para normalizar e equipar os profesores de asturiano co resto do profesorado”.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Anuncian subvencións para dotar de libros en asturiano as bibliotecas públicas

A Consellería de Cultura acaba de anunciar a convocatoria dunha nova liña de subvencións para incrementar a dotación de libros en asturiano nas bibliotecas públicas. Os concellos titulares de centros de lectura integrados na Rede de Bibliotecas do Principado de Asturias deben solicitar axuda económica con esta finalidade.

Fonte: Asturnews

Asturias

Denuncian que o asturiano non aparece no currículo para as escolas de 0 a 3 anos

Acaba de facerse público o currículo aprobado para as ensinanzas de 0 a 3 anos en Asturias. O texto é, a xuízo de Iniciativa polo Asturiano, unha mostra de como a Administración asturiana fai todo o posible por expulsar a lingua asturiana do sistema educativo.

Fonte: Infoasturies

Asturias

A Fundación Caveda e Nava e o sindicato SUATEA presentan un informe sobre os incumprimentos en materia de asturiano

A Fundación Caveda e Nava e SUATEA presentaron un informe á secretaria para a Carta Europea das Linguas rexionais ou Minoritarias do Consello Europeo documento que revisa o desenvolvemento das accións políticas e culturais das institucións para co asturiano entre 2010 e 2013, destacando deficiencias e incumprimentos gobernamentais ao respecto do pautado nesta Carta Europea.

Fonte: Asturnews

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder