Asturias

En 2014 o Principado de Asturias terá un fondo para comprar libros en asturiano

Alejandro Calvo, viceconselleiro de Cultura do Principado de Asturias, asegurou que, aínda que o sector libreiro está en crise, desde o Principado son optimistas co futuro do libro en papel. O viceconselleiro dixo que en 2013 se destinaron 300 000 euros á compra de libros por parte do goberno rexional e nos orzamentos de 2014 vaise incluír tamén un fondo para a compra de libros en asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

A páxina web de turismo gastronómico “Saboreando Asturias” ofrece un vocabulario gastronómico trilingüe

Por iniciativa do Servizo de Política Lingüística, a páxina web de turismo gastronómico “Saboreando Asturias” ofrécelles ás persoas interesadas un vocabulario relacionado coa comida cuns 400 termos en castelán e a correspondencia en asturiano e galego-asturiano. Desta forma, facilítase a consulta e pódense comprobar correspondencias, ademais de comparar vocábulos entre unhas linguas e outras.

Fonte: Asturnews

Asturias

A asociación Softastur anuncia que haberá unha versión de Android en asturiano

Softastur, asociación sen ánimo de lucro que traballa polo software libre, acaba de anunciar que haberá unha versión do popular sistema operativo móbil Android en lingua asturiana.

Fonte: Infoasturies

Asturias

Esíxenlle ao Goberno asturiano que faga cumprir as resolucións do Consello Escolar do Principado sobre a lingua

O sindicato SUATEA esixiulle á Administración asturiana que faga cumprir as resolucións do Consello Escolar do Principado, segundo o acordado na sesión de decembro de 2013, concretamente as catro referentes á lingua asturiana, claves nun novo contexto como é a LOMCE, e que buscan a inclusión da materia de Lingua e Literatura Asturiana dentro do currículo de ensino non universitario.

Fonte: Asturnews

Asturias

Crean Atopa, un novo buscador en asturiano para as páxinas web asturianas

Atopa é un novo proxecto en lingua asturiana, un buscador tipo Google, pero só de contido asturiano, que ten unha extensión para o navegador Chrome ademais de versión para o sistema Android. Atopa baséase en software libre para percorrer automaticamente as páxinas web e quedarse só coas que están en asturiano ou en castelán que tratan de contido asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

A Xunta pola Defensa do Asturiano presenta un requirimento para que se cumpra a legalidade en materia toponímica

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) presentou un requirimento ante a Consellería de Presidencia para que se cumpra a legalidade vixente en materia toponímica, ao tempo que denuncia como exemplo máis dun centenar de incumprimentos no Boletín Oficial do Principado de Asturias e na web do Principado.

Fonte: Asturnews

Asturias

Presentan requirimentos en todas as consellerías asturianas para que cumpran a legalidade en materia toponímica

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou no Rexistro Xeral Central do Principado de Asturias requirimentos formais instando a todas as consellerías a que cumpran a legalidade en materia toponímica nos seus respectivos ámbitos de competencia.

Fonte: Asturnews

Asturias

Varias asociacións reclaman maior presenza do asturiano na Radio Televisión do Principado de Asturias

Representantes de 26 asociacións presentaron un documento de consenso no que reclaman maior presenza da lingua asturiana na programación de Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA).

Fonte: La Nueva España

Asturias

A Radio do Principado de Asturias emitirá un boletín de noticias diario en asturiano

O xornalista Naciu Varillas vai ser o responsable de presentar o primeiro boletín de noticias en asturiano da Radio do Principado de Asturias (RPA) na historia da emisora.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A televisión pública de Asturias retransmite o seu primeiro partido de fútbol en asturiano

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana felicita a dirección da televisión pública de Asturias por este avance e espera que esta iniciativa non quede nun caso illado e sexa o primeiro paso para que se vaian facendo máis retransmisións.

Fonte: Infoasturies

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder