Comunidade Valenciana
Altea organiza unha nova edición do ciclo de cine en valenciano
Altea acolle unha nova edición de Bellaguarda de Cine, un ciclo de cine en valenciano polo que cada martes se proxectará un filme e cuxa entrada será libre e gratuíta.
Fonte: El Periòdic
Inaugúrase o portal Acadèmia Valenciana de la Llengua

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes da Universidade de Alacant crea o portal Acadèmia Valenciana de la Llengua co obxectivo de acoller e difundir fondos, material e contidos científicos relacionados coa lingua, a literatura e a cultura valencianas.
Fonte: elperiodic.com
O Concello de Sagunto publica novas convocatorias de normalización lingüística do valenciano
As subvencións a empresas e asociacións que traballan en valenciano e os Premios Literarios Ciudad de Sagunto son as dúas convocatorias anuais que publica o Gabinete de Promoción do Valenciano do Concello de Sagunto e que estarán abertas ata o 25 de xullo. Con esta iniciativa, o departamento busca normalizar a lingua no ámbito cultural, asociativo e económico.
Fonte: elperiodic.com
Ponse en marcha unha campaña para demandar un impulso do valenciano no sistema educativo

Baixo o lema «Ensenyants pel valencià», unha nova campaña insta as institucións públicas a facer un esforzo lexislativo e económico para deter o retroceso do valenciano no sistema educativo. Todas as persoas que o desexen poden apoiar esta iniciativa a través da web www.ensenyantspelvalencia.org.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O Concello de Xàtiva organiza unha campaña de promoción do valenciano a través dos sobres de azucre
Ao abeiro dunha campaña de promoción lingüística que ten como lema «En valencià és més dolç», o Concello de Xàtiva repartirá entre os establecementos hostaleiros do municipio máis de 170 000 sobres de azucre con frases feitas e refráns en valenciano.
Fonte: El Periòdic
A Generalitat Valenciana impulsará un regulamento lingüístico

O futuro decreto de capacitación lingüística, que regulará o nivel de coñecemento de valenciano necesario para o acceso á Función Pública, suporá unha boa oportunidade para incorporar esta lingua ao mesmo nivel que o castelán.
Fonte: Generalitat Valenciana
Xa está aberto o prazo para presentarse á segunda edición do concurso de TikTok en valenciano

Este concurso, organizado pola Plataforma per la Llengua, ten como obxectivo promover o uso do valenciano en TikTok, a rede social máis popular entre a xente nova, así como impulsar novos talentos nesta lingua.
Fonte: 20minutos
Convócanse axudas para impulsar o uso do valenciano nas emisoras locais e en revistas
A Academia Valenciana da Lingua convoca unha liña de axudas, á que destinará un importe de 50 000 euros, para fomentar o uso do valenciano nas emisoras locais de radio, as revistas de investigación e as revistas de temática especializada ou de carácter local ou comarcal.
Fonte: Valencia Plaza
A Generalitat Valenciana crea unha guía de conversa plurilingüe para atender as persoas chegadas de Ucraína
A Generalitat busca persoas voluntarias que saiban ruso ou ucraíno e valenciano ou castelán para que actúen como mediadoras de idiomas. Así mesmo, creou unha guía con expresións básicas nas mencionadas linguas, ademais do inglés, e unha plataforma para traducir documentos relacionados con trámites básicos.
Fonte: Levante-EMV
Os responsables de Política Lingüística de Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana demandan un investimento igualitario en todas as linguas oficiais
Os responsables de Política Lingüística dos gobernos valenciano, catalán e balear reuníronse en Valencia no marco da Declaración de Palma para valorar o proxecto estatal ‘Nueva economía de la lengua’ que só reserva o 2,7 % do total de fondo ás linguas oficiais diferentes ao castelán.
Fonte: Govern Illes Balears
Boletín
Subscríbase ao boletín