Comunidade Valenciana
Varias sentenzas fixan que o peso do valenciano e do castelán na educación manteña un equilibrio entre ambas as linguas
O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana fixou en cinco sentenzas que o peso do valenciano e do castelán na educación plurilingüe manteña unha proporción razoable e garde un equilibrio nos horarios lectivos e na súa repartición entre as materias troncais.
Fonte: 20minutos
A Deputación de Valencia convoca axudas para a implantación de plans de normalización lingüística nos concellos
As subvencións para a implantación do Plan de normalización lingüística 2022 están destinadas a municipios da provincia de Valencia, con prioridade para os que teñen entre 3000 e 10 000 habitantes, que poderán recibir ata un máximo de 10 200 euros.
Fonte: Diputació de València
As Cortes Valencianas mostran o seu apoio á diversidade lingüística europea
A Comisión de Asuntos Europeos aprobou unha proposición non de lei que, en liña coa Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, recoñece a riqueza da diversidade lingüística e cultural no seo da Unión Europea.
Fonte: El Periòdic
O Concello de Algemesí e a Academia Valenciana da Lingua asinan un convenio para promover o valenciano no municipio
O convenio, cuxa duración é de catro anos, ten como obxectivo a organización de actividades destinadas a fomentar o coñecemento e o uso do valenciano no municipio de Algemesí.
Fonte: El Periòdic
O Concello de Nules organiza unha nova campaña de promoción do valenciano nas rebaixas
O Concello de Nules puxo en marcha unha campaña de fomento do valenciano coa repartición de carteis e etiquetas nesta lingua entre o comercio local para a época de rebaixas.
Fonte: Castellón Diario
Concello e Deputación de Valencia colaborarán para fomentar o uso do valenciano
Ambas as institucións estudarán mecanismos de colaboración para organizar campañas e desenvolver proxectos de difusión e normalización do uso do valenciano. Un exemplo é a campaña «Creixent al caliu», destinada a fomentar esta lingua entre o alumnado das escolas infantís municipais.
Fonte: Levante-EMV
O Concello de Valencia pon en marcha unha campaña para impulsar nas redes sociais os contidos en valenciano

O Concello de Valencia impulsou a campaña «Més que un like», unha nova iniciativa para a promoción do valenciano nas redes sociais, coa que pretende visibilizar os influencers que usan esta lingua nas súas publicacións, para demostrar así que non hai que renunciar a ela para triunfar.
Fonte: 20minutos
As Festas de Castelló terán o valenciano como lingua oficial
O consello reitor do padroado municipal das Festas de Castelló de la Plana aprobaron os novos estatutos nos que se contempla que o valenciano sexa a lingua oficial.
Fonte: 20 minutos
O Concello de Valencia distribúe entre os mercados municipais carteis cos nomes dos alimentos en lingua de signos
Os mercados municipais valencianos disporán de carteis cos nomes dos alimentos en lingua de signos, ao abeiro dunha campaña impulsada desde o concello en colaboración coa Generalitat e a Federación de Persoas Xordas desta comunidade.
Fonte: 20minutos
O Concello de Novelda pon en marcha a campaña “Cartes dels Reis d’Orient 2022” para fomentar o uso do valenciano entre os escolares
Ao abeiro desta iniciativa repartiranse cartas dos Reis Magos en papel, acompañadas de material didáctico complementario, e ofrecerase a posibilidade de descargala en internet a través dunha plataforma que contén, ademais, actividades adicionais como xogos e cancións.
Fonte: Ayuntamiento de Novelda
Boletín
Subscríbase ao boletín