Comunidade Valenciana

O Concello de Altea elabora calendarios de 2023 e marcapáxinas para fomentar o uso do valenciano

Elaboráronse 400 calendarios e marcapáxinas para fomentar y promocionar o uso da lingua e a cultura valencianas, que se poderán adquirir de balde no propio Concello.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Valencia acolle un encontro de tiktokers en valenciano

Plataforma per la Llengua organiza o primeiro encontro de tiktokers en valenciano que busca impulsar o seu uso nesta rede social, a máis empregada pola xente nova, e no que participan varios influencers.

Fonte: Cadena Ser

Comunidade Valenciana

Increméntase a competencia lingüística en valenciano entre a sociedade

Segundo unha enquisa do Goberno da Comunidade Valenciana sobre o coñecemento e o uso social do valenciano en diferentes ámbitos sociais, produciuse un aumento xeneralizado da competencia nesta lingua. Así, subiu en seis puntos a porcentaxe de persoas que o saben escribir; case cinco, a das que o saben ler; e máis de tres, a das que o entenden.    

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana acorda os requisitos lingüísticos para acceder á Función Pública

As consellerías de Educación e Xustiza conseguiron un acordo sobre o nivel de coñecemento de valenciano que deberá acreditarse para acceder a un posto na Administración pública desta comunidade.  O acordo deixa fóra o persoal sanitario, para o que será un mérito, e o persoal docente, que ten a súa propia regulación.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

Unha campaña une lingua e gastronomía para fomentar o uso do valenciano a través de receitas típicas

Escola Valenciana presentou a segunda edición da campaña «Tasta el Valencià», unha iniciativa que ten como obxectivo buscar o vínculo entre a lingua e a gastronomía. Para iso, elaboraron unha serie de vídeos que percorren diferentes comarcas da Comunidade Valenciana para amosar receitas típicas coas que aprender novas palabras, así como a riqueza lingüística do valenciano.

Fonte: Actualitat Valenciana

Comunidade Valenciana

O Concello de Elx presenta catro campañas para fomentar o valenciano en establecementos e centros educativos

Entre as iniciativas destacan, por unha banda, a campaña «Esperant llegint!», pola que se distribuirán libros de autores valencianos en lugares con zonas de agarda (clínicas dentais, notarías...); ou, por outra, a repartición entre os centros educativos de infantil e de primaria dun xogo de cartas para recuperar a tradición dos monstros valencianos da festividade de Todos os Santos.

Fonte: Ajuntament d'Elx

Comunidade Valenciana

O Concello de Valencia crea unha páxina web con recursos sobre formación e promoción do valenciano

O Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Valencia conta cunha nova páxina web que ofrece todo tipo de recursos informativos, divulgativos e de promoción sobre o valenciano.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

O municipio de Ròtova contará cun plan de normalización lingüística para difundir o uso do valenciano

Trátase dun plan piloto creado pola Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia para apoiar municipios pequenos e difundir o uso e a presenza do valenciano a través dunha serie de accións que se desenvolverán dentro ou fóra do concello durante tres meses.

Fonte: Saforguia

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua realiza unha enquisa sobre actitudes lingüísticas no sur da comunidade autónoma

Os resultados desta enquisa sobre actitudes lingüísticas no sur da Comunidade Valenciana coñeceranse previsiblemente no primeiro trimestre de 2023. O obxectivo da iniciativa é coñecer as opinións da cidadanía sobre o valenciano para poder deseñar proxectos e actuacións no territorio.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua presenta unha nova edición do seu dicionario de lingüística

O Museo da Cidade de Valencia acolle a presentación da nova edición do Diccionari de lingüística, unha versión revisada e actualizada desta obra elaborada a comezos dos anos 90 do século XX.  

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder