Comunidade Valenciana
Segundo un informe, só a metade dos centros educativos ten como lingua base o valenciano

Segundo o último informe do Consello Escolar da Comunidade Valenciana, só a metade dos colexios ten como lingua base o valenciano, unha porcentaxe que se reduce na ESO e no Bacharelato ata o 15 % de horas nesta lingua.
Fonte: Levante EMV
A Generalitat Valenciana prevé que as familias escollan a lingua vehicular dos centros educativos
A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana está considerando a posibilidade de consultar as familias sobre a lingua vehicular dos seus fillos e fillas en cada centro escolar.
Fonte: El País
O Concello de Almassora remítelles aos centros educativos cartas en valenciano para os Reis Magos
O Concello de Almassora enviou preto de 2500 cartas en valenciano para que o alumnado dos centros de ensino poida escribirlles aos Reis Magos e, posteriormente, depositalas nas caixas de correo repartidas pola localidade.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
O Concello de Altea organiza un ciclo de cine en valenciano
Ao longo dos meses de decembro e xaneiro proxectaranse de xeito gratuíto cinco películas no marco do ciclo de cine familiar en valenciano.
Fonte: El Periòdic
A Academia Valenciana da Lingua e o Concello de Vinaròs continuarán impulsando proxectos para a promoción do valenciano
Ambas as institucións mantiveron unha reunión de seguimento do convenio de colaboración, en vigor dende 2008, para a posta en marcha de actuacións de promoción do valenciano.
Fonte: Ajuntament de Vinaròs
A Generalitat Valenciana elabora un informe cos novos criterios para o uso do valenciano na Administración
Este documento, que se lle entregou á Acadèmica Valenciana de la Llengua (AVL) para que elabore un informe, contén os novos criterios que a Generalitat quere implantar para o uso do valenciano na Administración.
Fonte: El País
A Generalitat Valenciana convoca cursos de valenciano para o seu persoal
Esta convocatoria de formación lingüística e técnica inclúe cursos de coñecementos de valenciano correspondentes aos niveis A2, B1, B2, C1 e C2, así como cursos de linguaxe administrativa.
Fonte: Generalitat Valenciana
Finestrat convértese no primeiro concello da Comunidade Valenciana en contar cun sistema de tradución e interpretación a máis de 90 linguas
O servizo Dualia está operativo para os departamentos municipais de atención cidadá que o precisen, grazas ao que as persoas usuarias poderán recibir información en máis de 90 linguas.
Fonte: Ajuntament de Finestrat
O Concello de Altea pon en marcha unha campaña para fomentar a lectura en valenciano

Esta campaña de promoción lectora ten como obxectivo que a cidadanía poida intercambiar libros ao tempo que se fomenta a lectura en valenciano, para o que se instalou un andel na entrada do Consistorio.
Fonte: El Periòdic
O novo Goberno da Generalitat Valenciana eliminará o catalán como lingua vehicular
O novo Goberno da Generalitat Valenciana, dos partidos PP e Vox, eliminará a obrigatoriedade do 25% do catalán como lingua vehicular en escolas de oito comarcas, tal como anunciou o novo conselleiro de Educación, José Antonio Rovira.
Fonte: El Nacional
Boletín
Subscríbase ao boletín