Comunidade Valenciana
A metade dos valencianos non usa nunca a lingua vernácula
Os datos do InformeCat 2024, elaborado por Plataforma pola Lingua revelan que o 55,4 % das persoas censadas na Comunidade Valenciana non usan nunca a lingua vernácula e un 50,2 % non a usan coas amizades.
Fonte: El Debate
A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana quere fomentar o uso do valenciano en teatros e librarías
A Consellaría de Educación, Cultura, Universidades e Emprego da Generalitat Valenciana abriu o prazo para solicitar axudas para o fomento e visibilización do valenciano en salas de teatro e librarías.
Fonte: Valencia Plaza
O Concello de Elxe pon en marcha o servizo de interpretación en lingua de signos
O Concello de Elxe, Alacant, ofrecerá en todas as oficinas de atención á cidadanía o servizo de interpretación en lingua de signos. Este novo servizo permitiralles ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva comunicarse e realizar diversos trámites coa administración.
Fonte: ElchePlaza
O Concello de Dénia pon en marcha unha campaña para que as rebaixas de verán se anuncien en valenciano

O Concello de Dénia relanza a campaña Rebaixes para promover o uso do valenciano nos comercios locais, para o que distribuíu 500 carteis e 3000 etiquetas con diferentes lemas nesta lingua. Así mesmo, ofrece servizos de tradución e corrección gratuítos.
Fonte: Ajuntament de Dénia
As universidades alertan do risco que pode supor a nova lei educativa para o valenciano
A Xarxa Vives, que agrupa 22 universidades do dominio lingüístico catalán, alertou do risco que pode supor a proposición de lei educativa para o valenciano.
Fonte: Diari de la Llengua
Nace unha emisora de música en valenciano

Comboi é o nome desta nova emisora que ofrece unha selección musical en valenciano e que combina clásicos con temas máis actuais.
Fonte: Marina Alta
Ponse en marcha unha campaña para evitar a castelanización do topónimo Castelló
O Goberno municipal continúa cos trámites para modificar o nome oficial do concello, polo que un grupo de entidades e partidos organizou unha campaña que inclúe un manifesto para buscar apoio ao mantemento do topónimo actual.
Fonte: El Nacional
O Concello de Elx somete a consulta pública o Proxecto de Regulamento de Cooficialidade Lingüística do Municipio
O Proxecto de Regulamento de Cooficialidade Lingüística do Municipio de Elx establece a cooficialidade do valenciano e castelán e que ambas as linguas se empregarán nos documentos municipais, acordos, toponimia etc.
Fonte: Ayuntamiento de Elche
Dénia acolle o inicio da nova campaña de fomento do uso do valenciano impulsada pola Academia Valenciana da Lingua
A Academia Valenciana da Lingua reedita a campaña «En valencià» que percorrerá entre o 6 e o 22 de maio 26 poboacións para fomentar o uso do valenciano entre a veciñanza dun xeito divertido.
Fonte: Ajuntament de Dénia
Valencia acolle unha manifestación a prol da lingua catalá
Miles de persoas manifestáronse polas rúas de Valencia en defensa da lingua catalá baixo o lema «País Valencià, llengua, cultura i futur».
Fonte: El Nacional
Boletín
Subscríbase ao boletín