Comunidade Valenciana
A Universidade Politécnica de Valencia convoca axudas para a promoción do valenciano na docencia e na investigación
A Universidade Politécnica de Valencia, a través do seu Servizo de Promoción e Normalización Lingüística, destina 25 000 euros en axudas para fomentar o uso do valenciano na docencia e na investigación. Hai tres tipos de axudas: para impartir materias por primeira vez nesta lingua, para elaborar materiais docentes e para difundir traballos científicos en valenciano.
A Deputación de Valencia entrega os seus galardóns ao uso do valenciano no comercio local

A Deputación de Valencia entregou os IV Premios de uso do valenciano no comercio local que distinguen unha trintena de establecementos da provincia pola súa contribución á defensa da lingua propia. Os galardoados agradeceron o apoio institucional, que lles serve de estímulo para integrar o valenciano en toda a súa comunicación.
Fonte: Diputació de València
A Deputación de Valencia fomenta o uso do valenciano no ámbito sanitario
Decorouse a sala de espera, o corredor e tres consultas de Urxencias Pediátricas do Hospital Xeral co obxectivo de humanizar os espazos e favorecer a integración lingüística e social mediante ilustracións e lemas en valenciano que fomentan hábitos saudables. O proxecto tamén pretende mellorar a experiencia das familias e do persoal sanitario, ofrecendo un contorno máis acolledor e facilitando o contacto coa lingua para quen non a fala.
A Universidade Politécnica de Valencia organiza unha campaña para impulsar o uso do valenciano na vida académica

O Servizo de Promoción e Normalización Lingüística lanza a campaña «Matriculem-nos en valencià, perquè tota pedra fa paret» para fomentar o uso do valenciano na docencia e na vida académica durante o curso 2025-2026. A iniciativa anima o estudantado a empregar a lingua desde o primeiro día en todas as actividades, solicitar materiais en valenciano e aproveitar actividades como formación, acreditación e voluntariado lingüístico.
O Goberno da Comunidade Valencia elimina nas comunicacións dos centros educativos a preferencia do valenciano
O novo Plan de Uso das Linguas aprobado polo Goberno valenciano permítelles ás familias elixir a lingua das comunicacións escolares, o que reduce a presenza do valenciano e contradí a lexislación vixente que obriga a promovelo activamente. Por este motivo reclámaselle á Consellería de Educación que cumpra co seu deber de garantir o dominio equilibrado das dúas linguas oficiais.
Fonte: Diari de la Llengua
O Concello de l’Eliana lanza una nova edición do seu certame para promover o uso do valenciano no ámbito do comercio

O Concello de l’Eliana convoca a cuarta edición dos Premios ao Uso do Valenciano no Comercio Local, co obxectivo de reforzar a presenza da lingua na vida cotiá. A iniciativa recoñece o uso do valenciano en rótulos, materiais impresos e plataformas dixitais, cunha dotación total de 3000 euros en premios.
Fonte: Ajuntament de l'Eliana
A Generalitat Valenciana destina ao Concello de Vila-real 27 000 euros en axudas para actividades de fomento do valenciano
O Concello de Vila-real recibirá máis de 27 000 euros polo seu labor a prol da normalización do valenciano, con iniciativas en ámbitos educativos, culturais e sociais. A achega sitúa a cidade como a segunda con maior subvención autonómica, só por detrás de Valencia.
Fonte: Castellón Plaza
O Concello de Valencia aproba unha denominación bilingüe e non normativa da cidade
O pleno do Concello de Valencia acordou a nova denominación da cidade, que pasará a ter un nome bilingüe "Valencia/València". Esta medida está a xerar controversia, xa que a nova denominación se afasta da forma normativa en valenciano.
Fonte: Diari de la Llengua
A música en valenciano conquista o público do Feslloc
O festival Feslloc celebrou unha nova edición onde a música en valenciano foi protagonista, cunha asistencia masiva de público e actuacións que puxeron en valor a lingua propia e a cultura local. O evento reivindicou o papel da música como ferramenta de transformación social.
Fonte: Diari de la Llengua
O Concello de Valencia prosegue coa súa intención de mudar a denominación oficial da cidade
O Concello de Valencia anunciou que xa recibiu o informe que avala o cambio de denominación oficial da cidade. Agora pasaría a chamarse Valéncia-Valencia.
Fonte: Diari de la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín