Comunidade Valenciana

Un estudo advirte do incremento da desigualdade lingüística e de presións contra o valenciano

Segundo o estudo Índice de Desigualdad Lingüística (IDL) de las regiones sociolingüísticas valencianas, impulsado pola Fundación Nexe, apréciase unha tendencia cara á desigualdade lingüística ao tempo que existen presións sociais e políticas contra o uso do valenciano.  

Fonte: Gente

Comunidade Valenciana

O Concello de Alzira organiza un concurso para promover o uso do valenciano

Con este concurso, que ten como lema «Juguem amb la llengua», búscase encher as redes sociais de frases feitas en valenciano a través da publicación dunha foto en Instagram.

Fonte: Alzira Radio

Comunidade Valenciana

Publícanse dous cómics para poñer en valor a diversidade lingüística e cultural valenciana

A Deputación de Valencia e a Academia Valenciana da Lingua publican Maig a Xulilla. La Enramá e El tresor d'Al-Buferet. Una travessia en vela llatina, dúas historias en formato cómic que teñen como obxectivo dar a coñecer a diversidade lingüística e cultural da provincia.

Fonte: Gente

Comunidade Valenciana

O Concello de L'Eliana organiza unha campaña de promoción do valenciano

A campaña «Cada dia una paraula» ten como obxectivo promover cada día, nas redes sociais do Concello, unha palabra en valenciano ao longo do mes de febreiro, co gallo da celebración, o 21 deste mes, do Día Internacional da Lingua Materna.  

Fonte: Ajuntament de L'Eliana

Comunidade Valenciana

Nace unha plataforma en defensa do valenciano formada por 26 colectivos

A plataforma -Nos nace co obxectivo de defender e promover o valenciano, así como vixiar que a Administración autonómica cumpra a súas obrigas de protexelo e respectalo como sinala o Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana.  

Fonte: Alicante Plaza

Comunidade Valenciana

Segundo un informe, só a metade dos centros educativos ten como lingua base o valenciano

Segundo o último informe do Consello Escolar da Comunidade Valenciana, só a metade dos colexios ten como lingua base o valenciano, unha porcentaxe que se reduce na ESO e no Bacharelato ata o 15 % de horas nesta lingua.  

Fonte: Levante EMV

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana prevé que as familias escollan a lingua vehicular dos centros educativos

A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana está considerando a posibilidade de consultar as familias sobre a lingua vehicular dos seus fillos e fillas en cada centro escolar.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

O Concello de Almassora remítelles aos centros educativos cartas en valenciano para os Reis Magos

O Concello de Almassora enviou preto de 2500 cartas en valenciano para que o alumnado dos centros de ensino poida escribirlles aos Reis Magos e, posteriormente, depositalas nas caixas de correo repartidas pola localidade.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

O Concello de Altea organiza un ciclo de cine en valenciano

Ao longo dos meses de decembro e xaneiro proxectaranse de xeito gratuíto cinco películas no marco do ciclo de cine familiar en valenciano.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua e o Concello de Vinaròs continuarán impulsando proxectos para a promoción do valenciano

Ambas as institucións mantiveron unha reunión de seguimento do convenio de colaboración, en vigor dende 2008, para a posta en marcha de actuacións de promoción do valenciano.

Fonte: Ajuntament de Vinaròs

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder