Comunidade Valenciana
A Generalitat Valenciana crea a plataforma 'Apunts de llengua' para dar apoio á aprendizaxe do valenciano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte e a Corporación Valenciana de Medios de Comunicación presentan un portal de acompañamento e reforzo á aprendizaxe do valenciano, con recursos dixitais, audiovisuais e radiofónicos para adaptarse ás necesidades de todas as persoas que usan, practican e queren perfeccionar esta lingua, independentemente do dominio que teñan do idioma.
Fonte: Magisterio
A Universidade Jaume I e a Academia Valenciana da Lingua colaboran na tradución de textos clásicos ao valenciano

As dúas entidades asinaron un acordo de colaboración para a creación e coedición da colección «Ariadna» de textos clásicos latinos e gregos traducidos ao valenciano, que será publicada anualmente.
Fonte: El Periòdic
A Academia Valenciana da Lingua firma un novo convenio para promover o coñecemento do valenciano e frear o seu retroceso
A Academia Valenciana da Lingua e o Concello de Valencia firman un acordo para colaborar na promoción do valenciano co obxectivo de difundir o uso e a presenza desta lingua a través da formación e do asesoramento lingüístico do persoal municipal e das redes sociais.
Fonte: Valencia Plaza
O Concello de Valencia impulsará un plan para garantir a igualdade lingüística do valenciano
O Gabinete de Normalización Lingüística decidiu tomar medidas urxentes dada a situación do valenciano na cidade, xa que unha enquisa recente mostra que os datos de uso son preocupantes e mostran o desequilibrio que existe con respecto ao castelán.
Fonte: Levante-EMV
Apróbase a carta de servizos do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Valencia
Esta carta de servizos avalía as prestacións do Gabinete de Normalización Lingüística que, entre outros labores, se ocupa de ofrecer asesoramento lingüístico, formación e promoción do valenciano, así como de informar sobre as actividades relacionadas co uso e o coñecemento desta lingua.
Fonte: El Periòdic
O Centro de Congresos de Elx acolle unha mostra sobre a lingua e a cultura valencianas
Ata o 24 de xaneiro poderá visitarse no Centro de Congresos a exposición «Teixim llaços des del sud del sud» que pon en valor a riqueza cultural e lingüística valenciana a través de 12 paneis e un documental.
Fonte: El Periódic
A Deputación de Castelló e a Academia Valenciana da Lingua asinan un convenio para o fomento do valenciano
Ambas as institucións asinaron un convenio para a colaboración conxunta en actuacións destinadas á promoción do valenciano, co gallo do 90 aniversario das Normes de Castelló.
Fonte: Actualitat Valenciana
A Academia Valenciana da Lingua realizará un informe para analizar o decreto de homologación do valenciano
A AVL prepara un informe sobre o decreto que regulará a competencia en valenciano no sistema educativo para analizar as súas consecuencias, contribuír a un maior acordo social e abordar solucións máis satisfactorias.
Fonte: El Periódico de Aquí
A Generalitat Valenciana multará a denegación de calquera servizo por razóns de lingua
O Goberno valenciano modifica a Lei do Estatuto dos Consumidores para engadir como infracción sancionable a discriminación lingüística e poderá impor multas de ata 3000 euros a comercios e empresas que deneguen a atención en valenciano.
Fonte: ABC
O Concello de Altea elabora calendarios de 2023 e marcapáxinas para fomentar o uso do valenciano
Elaboráronse 400 calendarios e marcapáxinas para fomentar y promocionar o uso da lingua e a cultura valencianas, que se poderán adquirir de balde no propio Concello.
Fonte: El Periòdic
Boletín
Subscríbase ao boletín