Illas Baleares
Constatan unha diminución do número de falantes de catalán nas illas Baleares
Despois da publicación dos resultados da Enquisa de usos lingüísticos de Baleares 2014, a Fundación Jaume III constatou unha redución do número de falantes de lingua catalá nas illas Baleares e, ademais, salientou que só un 20% da xuventude fala catalán de xeito predominante.
Fonte: Mallorca Diario
Critican a falta de cumprimento da normativa lingüística no eido da sanidade por parte do Goberno de Baleares
O sindicato STEI Intersindical criticou a falta de cumprimento da normativa lingüística no eido da sanidade por parte do Goberno das illas Baleares, destacando "o pouco respecto e sensibilidade do Executivo autonómico cara á lingua catalá e aos usuarios da sanidade pública".
Fonte: La Vanguardia
O Goberno das illas Baleares rectifica e esixirá o coñecemento de catalán para acceder a prazas de sanidade
O Servizo de Saúde de Baleares indicou que está a traballar na modificación da resolución sobre coñecementos de catalán publicada no Boletín Oficial, que eximía da esixencia da lingua catalá para acceder a prazas de persoal sanitario.
Fonte: El Mundo
Máis de 700 profesionais sanitarios das Illas Baleares inscribíronse en cursos de lingua catalá
Mentres que o Servizo de Saúde das Illas Baleares establece a regulación dos coñecementos de catalán na sanidade pública, máis de 700 profesionais do eido sanitario inscribíronse nos cursos de lingua catalá que ofrece este servizo nos hospitais públicos das illas.
Fonte: El Mundo
Póñense en marcha cursos gratuítos de lingua catalá para persoas chegadas recentemente á illa de Eivisa
O Instituto de Estudos Eivisencos, en colaboración coa Obra Social la Caixa, organiza cursos gratuítos de lingua catalá para persoas novas chegadas recentemente á illa, que pretenden fomentar a aprendizaxe oral do catalán. Os cursos comezarán o 17 de outubro de 2017.
Fonte: Diario de Ibiza
O número de persoas inscritas nos cursos de lingua catalá organizados polo Goberno balear increméntase un 9 %
O número de persoas inscritas nestes 56 cursos de lingua catalá elévase a 1732, o que supón un 9 % máis que o ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Manacor inicia unha campaña de sensibilización lingüística no sector do comercio
O Concello de Manacor comezou a distribuír nos comercios do municipio carteis de aberto/pechado en catalán, unha iniciativa de dinamización lingüística que se suma á da pasada tempada de rebaixas.
Fonte: Diario de Mallorca
O Concello de Eivisa promove 14 termos en desuso da lingua catalá
A Concellería de Educación, Formación e Normalización Lingüística do Concello de Eivisa lanzou a campaña "Les nostres paraules", que, a través das súas redes sociais e páxina web, pretende promover 14 palabras en catalán que se atopan en desuso.
Fonte: La Vanguardia
Preséntanse os datos da Enquisa de usos lingüísticos das illas Baleares
Segundo esta enquisa, o 36,8 % da poboación do arquipélago usa o catalán como lingua habitual, fronte ao 49,9 % que emprega o castelán e o 10,3 % que utiliza ambas.
Fonte: Última Hora
A Semana do Libro en Catalán de Mallorca finalizou con 1500 libros vendidos
A XVIII Semana do Libro en Catalán de Mallorca, na que participaron nove librarías da illa, finalizou despois de catro días cuns resultados positivos, xa que se venderon 1500 libros e facturáronse 22 000 euros.
Fonte: Mallorcadiario.com
Boletín
Subscríbase ao boletín